O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza para o vindeiro domingo 12 de outubro unha Ruta de Sendeirismo polo Bosque de Moal, concretamente van facer a Ruta PR.AS-132, denominada Ruta Bosque de Moal, no Concello de Cangas del Narcea (Asturias). A ruta con saída no pobo de Moal ás 07.00 horas, percorre parte do Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias, así coma a Reserva da Biosfera de Muniellos chegando a un total de 10 km de dificultade media. Muniellos está considerado coma o maior bosque de hayas de España e un dos mellores bosques conservados de toda Europa. A entrada na Reserva Natural Integral de Muniellos, está totalmente restrinxida, por ser unha xoia botánica e faunística. De todas formas, o grupo visitará o Centro de Interpretación de Reserva Natural, así coma a localidade de Cangas del Narcea, despois da ruta dunha duración aproximada de catro horas e media. A organización recomenda levar bocadillo. Os prezos de inscrición oscilan entre os 12 euros dos socios colaboradores e os 17 dos non socios non federados. Os menores de 18 anos viaxarán gratis. O prazo da inscrición remata o xoves 9 de outubro.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



