O vindeiro luns 13 de outubro levaranse a cabo as reunións cos pais/mais dos nen@s que compoñen os equipos da Escola de Fútbol Sala Burela FS na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo. Ás 20.00 horas será a xuntanza cos pais e nais dos alumnos da categoría benxamín; ás 20.20 horas coa categoría prebenxamín; ás 20.40 cos pais e nais dos nenos de categoría alevín e ás 21.00 horas pecharanse as sesións informativas cos proxenitores dos rapaces infantís.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



