Nun tarde chuviosa e moi desgradable, o campo de Lago para a primeira tirada da Liga de Bolos de Xove presentábase húmido e bastante pesado o sábado 4 de outubro. Aínda así, excelente participación con 30 inscritos.
Liga Senior Masculina
Vitoria contundente dun dos grandes xogadores da Liga como é José Rafael González, que foi o único capaz de conseguir un tanteo acorde ás súas posibilidades. Rafa non notou para nada o parón estival, anotándose ademais a mellor bolada, o que lle permite acadar o primeiro liderato desta tempada. En canto aos restantes xogadores movéronse nunha gran igualdade, cun xogo por debaixo das súas posibilidades, notándose en exceso a falta de rodamento.
Liga Senior Feminina
Primeira participación de Salomé Cardoso nesta categoría, xa que na pasada Liga participou na categoría Sub 18. Pois ben, non puido ser mellor esta primeira participación na categoría, conseguindo, ademais da vitoria, a mellor bolada. Toda unha mostra de intencións que espera repetir. Non nos cabe a menor dúbida de que vai ser unha das grandes favoritas, senón a principal, á vitoria final, xa que Salomé suma a súa excelente técnica unha constancia e un tesón realmente encomiables; aínda que é cedo para establecer tendencias.
Liga Sub 16
Co ascenso de categoría de Daniel López e Salomé Cardoso, o terreo queda libre nesta categoría para os dous dos xogadores que están destinados a dominar a Liga Sub 16 nos próximos anos: Miguel López e Daniel Alonso.
Daniel respostou ás expectativas realizando unha excelente competición, índose aos 168 tantos nas súas catro tiradas, que lle houberan permitido quedar 7º na Liga Sénior- Ademais acadou tamén a mellor bolada, polo que o seu comezo non puido ser mellor.
A outra cara da moeda representouna Miguel López, que non foi capaz de puntuar despois de realizar tres cucadas e sumar uns pírricos 19 puntos. Aínda así, non se pode considerar totalmente negativa a participación de Miguel. Colleu moi ben os bolos, pero faltoulle forza para chegar á liña do 10.
Tanto Daniel como Miguel melloraron moito o seu xogo dende a tempada pasada. Polo tanto, hai futuro.
A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 11 DE OUTUBRO DE 2014.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (4 OUTUBRO 2014) 30 INSCRITOS: 15 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
246 |
12 |
| SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
189 |
10 |
| TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
187 |
8 |
| CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
185 |
7 |
| QUINTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ |
182 |
6 |
| SEXTO | JOSE VIGO LAGE |
181 |
5 |
| SÉTIMO | MODESTO ALBO VIDAL |
156 |
4 |
| OITAVO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
153 |
3 |
| NOVENO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
139 |
2 |
| DÉCIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
132 |
1 |
| MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
78 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
| PRMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
168 |
6 |
| SEGUNDO | JULIA LÓPEZ FORMOSO |
116 |
4 |
| TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
97 |
3 |
| CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN |
79 |
2 |
| QUINTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ |
60 |
1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
53 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
104 |
6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL |
88 |
4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA |
80 |
3 |
| CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
62 |
2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
47 |
1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
37 |
1 |





















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
