Foz, 9 de outubro de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a importancia da ampliación do Hospital da Costa e anima a todos a apoiar esa obra, que empezará no vindeiro ano 2015.
“Dende o Concello de Foz queremos facer unha valoración moi positiva do anuncio da Consellería de Sanidade sobre o avance no plan director para o Hospital da Costa, de Burela. Efectivamente vai haber unha dotación orzamentaria xa no ano 2015 para a ampliación do hospital, o que en definitiva indica que esta obra vai para diante. É algo necesario e pido que ninguén se apropie desta boa nova. Moitos colectivos, facultativos, pacientes, concellos e outras administracións demandamos esta obra e por iso é unha gran noticia. Para todos aqueles que eran escépticos eu creo que é o momento de que se suban ao cabalo da ampliación do hospital, de apoiar esa obra. E aínda estamos a tempo, sobre todo os facultativos, que eu creo que son os que o deben facer, de mellorar quizais esa idea inicial que hai para a ampliación”, manifestou o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira engadiu: “visto o proxecto parécenos que é a ampliación necesaria, coa que o Hospital da Costa pasa a ter un carácter e unha estrutura practicamente de hospital xeral, moito maior que calquera outro hospital comarcal, e que cubre perfectamente as necesidades de espazo que había para servizos que se foron poñendo en marcha neste hospital e que non tiñan sitio suficiente. Entre eles están o aumento nas prazas de aparcamento; o hospital de día e área ambulatoria, que quedan con moito máis espazo; a zona de diálise, que terá unha melloría enorme; a zona de consultas, que mellora tamén moito; ademais aumenta o número de camas. Tamén é moi interesante a planificación por fases, que permitirá facer a obra de ampliación minorando as interferencias coa actividade diaria do hospital. Pero isto quen o teñen que dicir son os propios facultativos”.
O alcalde tamén comentou que “no Concello de Foz confiamos na palabra da conselleira e na do propio presidente da Xunta. Aquí, en Foz, temos a proba clara de que o prometido estase a facer así, como o xeriátrico, unha obra tamén moi demandada polos veciños”.
Castiñeira pide que “se sigan aumentando os servizos sanitarios demandados na nosa comarca. En Foz coa ambulancia medicalizada houbo unha mellora importante non só para este municipio senón en toda A Mariña en canto á cobertura de emerxencias vitais, que é moi importante. Afianzamos esta ambulancia medicalizada na Mariña, que é a envexa doutras moitas comarcas”.
E o rexedor focense rematou invitando “a todo o mundo a congratularnos e a seguir loitando todos da man para que esta ampliación do Hospital da Costa sexa unha realidade e que no 2015 haxa esa partida orzamentaria, a licitación e o comezo destas obras tan necesarias para o Hospital da Costa, de Burela”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



