Cervo (Lugo), 13 de outubro de 2014.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), organismo dependente da Consellería de Traballo e Benestar, porá en marcha unha campaña específica de formación práctica en materia de prevención de riscos laborais e de primeiros auxilios para traballadores e traballadoras do sector agrogandeiro e forestal. A iniciativa consta, entre outras actuacións, dun total de 85 cursos presenciais que serán gratuítos.
A directora do Instituto, Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe en Cervo esta iniciativa que ten como obxectivo principal ofrecer aos destinatarios unha formación práctica para desenvolver un traballo seguro no sector e proporcionarlles a adquisición de boas prácticas no manexo da maquinaria agrícola e forestal. Así mesmo, coa campaña preténdese fomentar a adquisición dunha cultura preventiva e diminuír os accidentes laborais, así como dotar aos traballadores dos coñecementos básicos en primeiros auxilios para unha primeira actuación ante un posible sinistro.
Os 85 cursos, a través dos que se ofertan 70 prazas, divídense en catro temáticas: prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola e manexo práctico do tractor e os seus apeiros (15 edicións); no manexo de maquinaria forestal e manexo práctico de motoserra e rozadoira (15 edicións); prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras (15 edicións); e curso básico de primeiros auxilios e actuacións ante os accidentes laborais (40 edicións).
Para obter máis información destes cursos e dos concellos nos que se desenvolverán pódese consulta a web http://issga.xunta.es.
A directora do ISSGA, ademais de explicar as características das accións formativas, destacou que o Instituto conta con máis actuacións dirixidas aos traballadores deste sector. Así, lembrou que a Consellería ten elaborado diverso material didáctico co obxecto de introducir unha cultura preventiva e de formación no eido rural que, xunto co asesoramento técnico nas explotacións agrícolas, serva para implantar na práctica os aspectos teóricos desenvolvidos.
A elaboración de material formativo e informativo dirixido ao sector primario realízase en diversos formatos: carteis, fichas divulgativas, guías de boas prácticas, ou mesmo vídeos. De entre todo este material, Quinzá-Torroja resaltou a colección de fichas ‘Atende no sector do agro’ no que se abordan aspectos como a prevención de riscos co tractor, a motoserra e a rozadoira; os produtos químicos no agro; prevención de riscos nos traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario; a muller no agro: embarazo e lactación; e prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes.
A directora do ISSGA, ademais, resaltou a colección de fichas de investigación de accidentes no sector agrario que recolle unha selección dos 19 accidentes laborais máis representativos no sector agrario pola súa frecuencia ou gravidade, ao tempo que ten en conta a investigación que realizaron os técnicos do ISSGA.
Por último, Quinzá-Torroja sinalou que recentemente púxose en marcha unha campaña específica sobre prevención de riscos no tractor que ten como obxectivo chegar á poboación rural que utiliza o tractor dúas mensaxes: alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus aparellos e informar das causas máis recorrentes dos sinistros e, en segundo lugar, facilitar recomendacións básicos para previr accidentes laborais ou minimizar as súas consecuencias.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



