O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse este pasado domingo 12 de outubro a Moal (Cangas del Narcea – Asturias) para facer a ruta “El Bosque de Moal” enmarcada no Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias, e moi preto da Reserva Natural Integral de Muniellos, onde se encontra un dos robledais e hayedos máis grandes de España e o mellor conservado de Europa. Trátase dunha senda circular de 10 km, pero dunha dificultade física media-alta, pasando polo Miradoiro de Montecín, dende onde se ve unha panorámica espectacular da Reserva de Muniellos e de todo o Parque Natural. Toda esta zona ademais é Reserva da Biosfera. En pleno cambio cromático das árbores caducifolias, a ruta faise bonita á vista nesta época. Os sendeiristas tamén aproveitaron o desprazamento para visitar o Centro de Interpretación da Reserva Natural Integral de Muniellos. De volta a Xove, o Grupo deu un paseo pola Vila de Cangas del Narcea que celebraba a Festa da Vendimia.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



