A Coruña, 15 de outubro de 2014.- O proceso de liberación do Dividendo Digital, que supón unha recolocación das frecuencias de televisión na banda 800 MHz para deixala libre para as novas redes de telefonía móbil de alta velocidade 4G, fai necesario realizar adaptacións nas instalacións de antena colectiva dos edificios e, deste xeito, continuar recibindo a oferta completa de canles de televisión.
En Galicia, uns 61.000 edificios equipados con monocanales ou centralitas programables deben realizar as adaptacións dos seus sistemas de antena colectiva canto antes. Xeralmente, estes edificios adoitan ser de tamaño medio ou grande.
Para subvencionar estas adaptacións, o Goberno puxo en marcha un Plan de axudas, de cuxo importe total, uns 19 millóns de euros irán destinados ás Comunidades de Propietarios galegas.
Esta adaptación de instalacións afecta a un millón douscentos mil galegos; con todo, o 55% restante da poboación só será necesario que sintonice o seu televisor, a través do menú do seu mando, para buscar a nova ubicación das canles. Isto é debido a que habitan en vivendas unifamiliares -dotadas con antena individual que dispón de sistemas con amplificadores de banda ancha capaces de recibir todas as canles de televisión- ou en edificios de menor tamaño que tamén adoitan utilizar este sistema.
Como poden adaptarse as antenas colectivas dos edificios afectados?
As Comunidades de Propietarios de edificios afectados teñen que:
1. Chamar canto antes a unha ou varias empresas instaladoras de telecomunicacións rexistrado (dispoñible o listado en www.televisiondigital.es).
2. Solicitar ás empresas instaladoras un orzamento cos traballos a realizar e o detalle dos elementos que se vaian a substituír relacionados co proceso do Dividendo Digital.
3. Unha vez finalizados os traballos, solicitar ao instalador un exemplar do boletín de instalación que detalle o tipo de instalación existente no edificio e os traballos realizados con motivo da adaptación ao Dividendo, así como a factura co detalle destes traballos. Esta documentación debe ser gardada en formato electrónico (pdf ou jpg) para solicitar a axuda.
Este proceso ten que realizarse antes do 1 de xaneiro de 2015, data na que xa todos os programas de televisión emitirán unicamente pola nova frecuencia asignada, e polo tanto os edificios que non adaptasen a súa antena colectiva poderían perder algunhas canles de televisión.
26 de outubro: data clave no proceso
O 26 de outubro de 2014, os programas de televisión comezarán a emitirse a través das novas frecuencias asignadas no Plan Técnico da TDT. Nese momento, todos os cidadáns, tanto os que viven en edificios afectados como os que non, terán que sintonizar os seus televisores para localizar as novas frecuencias nas que se emitirán a partir dese día os programas de televisión.
Habilitaranse os teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96 para resolver calquera dúbida. Así mesmo, na páxina web www.televisiondigital.es pódese atopar toda a información sobre o proceso e sobre as actuacións específicas a realizar na súa vivenda de acordo á súa ubicación xeográfica.
Plan de axudas
As axudas solicitaranse unha vez realizadas as actuacións e están destinadas ás comunidades de propietarios dun edificio ou conxunto de edificios de vivendas suxeito ao réxime de propiedade horizontal, e que teñan instalado un sistema de antena colectiva baseado en monocanales ou nunha centralita programable. Ademais, só poderá solicitarse unha subvención por cada comunidade de propietarios.
As comunidades de propietarios deberán dispoñer de NIF (código H-) e ser titulares dunha conta bancaria ao seu nome onde se ingresará o importe da axuda.
A contía máxima destas axudas oscila entre os 100 euros para as actuacións en centralitas programables e entre 150 e 550 euros no caso de actuación sobre amplificadores monocanal, segundo o equipamento adicional que se ten que instalar:
· 1 múltiple dixital: 150 euros
· 2 múltiples dixitais: 250 euros
· 3 múltiples dixitais: 350 euros
· 4 múltiples dixitais: 450 euros
· 5 múltiples dixitais: 550 euros
Na páxina www.televisiondigital.es pódese consultar o número de múltiples dixitais afectados en cada zona, o que marca o límite máximo da axuda. Xa que logo, esta cantidade é importante tela en conta á hora de elixir o orzamento do instalador que, ademais, deberá estar inscrito no Rexistro de empresas instaladoras de telecomunicación, nos tipos “A” ou “F”.
Sobre o proceso de liberación do Dividendo Dixital
O proceso realízase por un mandato europeo que estipula que o 1 de xaneiro de 2015 ten que estar dispoñible para a telefonía móbil 4G o Dividendo Dixital. A chegada da telefonía móbil de alta velocidade 4G terá un impacto moi favorable sobre a economía española, estimado en máis de 12.000 millóns de euros nos próximos anos, o que equivale a ao redor do 1% do PIB. Coa liberación do Dividendo Dixital foméntase ademais a expansión da alta definición na TDT, e garántese a continuidade na difusión da oferta actual de canles de televisión para a poboación.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



