Lugo, 16 de outubro de 2014.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presentaron este xoves en rolda de prensa a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade 2014 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que este ano ascenden a 3,4 millóns de euros, un catro por cento máis con respecto ao ano pasado.
Na rolda de prensa, explicouse que a provincia de Lugo cun montante económico en axudas que ascende a 510.087,54 euros e co que se beneficia a un total de 34 entidades da provincia de Lugo.
Seguindo coa senda establecida o pasado ano, a convocatoria deste ano reforza a prioridade dos proxectos de xestión compartida, o que significa incremento de puntuación e polo tanto, incremento de subvención para os concellos galegos que presenten solicitudes conxuntas para a xestión desta orde de subvencións.
Esta liña de axudas e subvencións aos concellos de Galicia se distribúen en tres liñas de actuación, que son os Programas de promoción da Igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero; o Programa de fomento da conciliación e o Programa de apoio aos centros de información ás mulleres.
Liñas de subvencións
A liña de Promoción da Igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, que conta cun orzamento de 37.859,45 euros na provincia de Lugo, ten coma obxecto o financiamento da elaboración e avaliación de Plans de igualdade e de actuacións realizadas no seu desenvolvemento.
A maior parte dos concellos que reciben subvención a través da liña para a prevención da violencia de xénero porán en marcha diferentes medidas e actuacións de prevención, sensibilización e concienciación da violencia de xénero nos seus respectivos concellos.
A liña do Programa de fomento da conciliación conta cunha subvención de 33.438,33 euros destinados ao financiamento de plans e actuacións de conciliación no ámbito local.
E a liña do Programa de apoio (mantemento e dinamización) aos centros de información ás mulleres, os CIMs conta este ano cunha subvención de 438.789,76 euros, para financiamento dos custos de persoal. Un total de 11 concellos reciben subvención na provincia de Lugo, o que significa que todos os CIMs da provincia reciben axudas. Este ano, apreciase una tendenza á alza na xestión compartida dos CIMs, xa que dos 11 CIMs en funcionamento en Galicia participan un total de 36 concellos, dos cales 33 son de xestión compartida e 3 de xestión individualizada.
Segundo salientou a titular de Igualdade, o primeiro pagamento do 80% da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, se fará efectivo a cada un dos concellos beneficiarios no momento de notificación desta resolución.
Coa resolución desta axuda por importe de máis de 3,4 millóns de euros, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende por en valor o papel relevante das entidades locais na difusión do valor da igualdade e transmitir a coordinación e colaboración existente entre a Administración autonómica e a Administración local, xa que consideramos que as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por ser as administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



