Santiago Veloso.- Hai hoxe 10 anos, un grupo de profesores e profesoras entregaba na sede da Unesco en París unha candidatura do patrimonio común galegoportugués.
A primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea, e avalada por dous Estados. Pero detrás desta entrega houbo un intenso traballo conducido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!
Un patrimonio para o futuro
Os tempos son chegados para emprender unha nova campaña pola inscrición do patrimonio común galego-portugués na Lista Representativa da Unesco. Unha iniciativa que procura o compromiso e a decisión firme de apoiar e empuxar ás institucións neste necesario proceso. As administracións deben sentir o alento e a demanda da sociedade civil, das persoas “portadoras” deste patrimonio.
Unha campaña que terá nas redes sociais un medio de difusión e de recolleita de novos apoios. Pero non todo vai ser virtual: é preciso contar coas persoas, as asociacións e as institucións para seguir remando xuntos e poder conseguir este fin. Tamén é preciso contar con novos aliados, pois este patrimonio común encóntrase espallado por todo o mundo e outros Estados poden sentirse comprometidos con esta proposta.
Facemos un chamamento, en primeiro lugar, aos centros educativos, que foron a orixe e o motor desta iniciativa, e que tamén serán o futuro, para que continúen a transmitir o patrimonio ás novas xeracións e que apoien a inscrición. En segundo lugar, ás persoas, a título individual ou colectivo, para que se sumen a este propósito. E en terceiro lugar, ás entidades e institucións (Asociacións, Fundacións, Concellos, Deputacións, Consellerías… ) para que co seu apoio escriban na historia da Eurorrexión unha nova páxina logrando este recoñecemento para un patrimonio que xa é da humanidade, e que debe figurar na Lista Representativa da Unesco.
O soño que nace das escolas
Cómpre remontarse ao ano 1994, hai xusto 20 anos, cando un grupo de
escolas miñotas iniciaba a experiencia de radio interescolar Ponte…nas ondas! Esa árbore nacida nas “orelas vizosas do Miño sereno “ comezaría ben cedo a dar frutos. A medida que as súas pólas ían medrando máis se entrelazaban, e novas ramificacións irían xurdindo en forma de actividades conxuntas entre as dúas marxes da fronteira.
No ano 2001, ao rebufo da primeiras proclamacións das Obras Mestras do
Patrimonio Imaterial feitas pola UNESCO, Ponte..nas ondas! decide explicar e explorar o concepto de “patrimonio inmaterial ou intanxíbel” termino até aquel entón case descoñecido. Este labor realizouse pondo en valor a cultura popular galego-portuguesa que viñan re-transmitindo na xornada radiofónica.
A partir de todo o traballo realizado co alumnado e entre as escolas de ambas marxes nace o soño e con el a proposta de elaborar unha Candidatura con este patrimonio común. Foron tres anos dun intenso traballo involucrando a profesionais de diferentes áreas e de diferentes sectores: profesores, antropólogos, asociacións culturais, museus, universidades… Foi toda unha comunidade que se mobilizou e que foi consciente de que compartía un inmenso tesouro.
En simultáneo, desenvolvéronse tarefas burocráticas e mesmo labores
diplomáticas en tres frentes: en Lisboa, en Madrid e en Santiago. Para que? Simplemente para obter o imprescindíbel aval dos dous Estados. Algo que parecía unha utopía e que por momentos chegou a ser considerado como unha cuestión xeoestratéxica, que o era e ségueo a ser.
En París, facendo historia
Ultrapasadas todas as barreiras, o 18 de outubro de 2004 a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués era entregada na sede da Unesco en París. Para Ponte…nas ondas! o obxectivo estaba cumprido e a esperanza permanceu viva durante máis dun ano, até o 25 novembro de 2005, data na que vimos o noso proxecto aprazado. Na mesma sede da UNESCO fomos felicitados polo labor desenvolvido e foinos comunicado que esta proposta tería futuro, convenientemente reformulada. Esta decisión foilles comunicada tamén aos dous Estados que avalaban a Candidatura.
Pero non quedamos quietos, e adiantándonos á entrada en vigor da
Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, decidimos intentar
convencer as administracións de novo da importancia desta iniciativa, e da
necesidade de preparar novamente os traballos.
Un patrimonio “ponte”
En 2007, alertamos da nova oportunidade que se abría coas inminentes inscricións na Lista Representiva, unha vez ratificada a Convención por ambos Estados. Ocupamos as catro pontes sobre o río Miño con mozos e mozas de escolas de ambos marxes nunha iniciativa denominada “ponte nas pontes“ que causou impacto e protagonizou as portadas dos principais xornais.
Os nosos intentos por ter preparada a nova reformulación do dossier bateronno seu momento co afán dos Estados por inscribir na Lista Representativa as súas propostas nacionais, deixando de lado a nosa iniciativa multinacional, que nunca competiu nin compite coas lexítimas propostas de cada país. A propia Unesco decatouse disto e habilitou unha aplicación na súa Web para as propostas multinacionais.
Percorridos 10 anos, outras candidaturas transnacionais que no seu momento
quedaran excluídas, como a do flamenco, presentada tamén no mesmo ano
que a galego-portuguesa, conseguiron xa a inscrición na Lista Representativa do Patrimonio Mundial.
Santiago Veloso. Presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS!





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



