Ribadeo, 17 de outubro de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, considera que o caso de Francisco Nicolás Gómez Iglesias, detido hai uns días en Madrid acusado de falsidade e usurpación de identidade, hai que tomalo con humor e con retranca. E engade que por Ribadeo pasan milleiros de persoas todos los anos “e polo medio pode colarse algún indesexable como este”.
O rexedor referiuse a “esta noticia de tanto alcance, dende o punto de vista da certa retranca, sobre esta detención de Nicolás Gómez Iglesias, que xa estivera de actualidade aquí en Ribadeo durante este verán pasado, quero dicir que eu coma alcalde tamén fun un enganado por dicilo dalgunha maneira. Certamente o modus operandi e o despregue previamente montado, a verdade é que a ver a quen non lle pasaba isto”. Suárez Barcia relatou que “días antes da súa chegada chamaron supostamente dende a Casa Real e a Presidencia do Goberno para pedir escolta para unha alta personalidade da Casa Real, e eu como alcalde xa que era tan alta personalidade e tan alta representación a que ía vir a Ribadeo, dado que este concello ten un tirón turístico incuestionable nestes últimos anos e non é inusual ver a xente cunha certa traxectoria mediática, pois considerei adecuado ir darlle a benvida a este persoeiro da Casa Real, que ao final acabou sendo un impostor como se está demostrando nestes últimos días”.
O alcalde de Ribadeo pensa que “se eu non o fixera así, pois qué pensaría a xente no caso de que efectivamente fora alguén da Casa Real. Tamén poderían ter dito que o alcalde era algo estirado porque para unha vez que ven alguén da Casa Real aquí pois non o íamos saudar, cando menos. Eu simplemente me acheguei ao restaurante para saber quen era aquel persoeiro tan magnífico que se nos indicaba e saudeino dándolle a benvida a Ribadeo. Logo din a volta e deixeinos que seguiran comendo, el e máis ao empresario asturiano co que estaba xantando. E nada máis”.
“O certo é que Ribadeo recibe a tanta xente para ben, recibe a centos de persoas durante todo o ano polas Catedrais, polo casco vello, polos servizos, polo comercio, polos restaurantes ou polo que sexa e é certo que no medio destes centos de miles de persoas algún indesexable, coma é o caso, tamén se pode colar. Pero hai que tomalo con certa retranca e certo humor de que ás veces tamén pasan cousas anecdóticas coma é o caso”, dixo Fernando Suárez.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



