O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a Conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, asinaron este venres en Santiago de Compostela o convenio a través do que o organismo provincial aportará 742.000 euros para financiar, por primeira vez, o Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) 2014-2015. A contribución da Deputación supón o 10,1% do orzamento total destinado a este plan europeo de mellora de camiños de titularidade municipal dos 67 Concellos da provincia, que ascende a 6,8 millóns de euros, e garante a súa execución, logo de que durante dous anos -2011 e 2012- a Xunta non o levase a cabo.
Depende da Unión Europea
Pola súa banda, a administración autonómica, por medio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, achega o 2,05% do presuposto (141.300 euros) e o Ministerio de Medio Ambiente o 12,13% (832.500 euros), mentres que a Unión Europa, a través dos fondos FEADER, aporta o groso do orzamento, o 75% (5.147.000 euros). De feito, o PEIM é froito das axudas da UE, e os prazos de execución deben adaptarse ao calendario fixado na convocatoria de fondos comunitarios.
Unha vez asinado o convenio, a Xunta debe comunicar oficialmente aos 67 Concellos da provincia a contía que lles corresponde para que seguidamente estes poidan elaborar os proxectos e enviarllos á administración autonómica para recibir o visto bo. A previsión é que as obras poidan comezar a finais de ano, aínda que, como na súa gran maioría se trata de regos asfálticos e aglomerados, dependerán das condicións meteorolóxicas.
A Deputación, comprometida co rural
O Presidente enmarcou este convenio na “máxima vontade de colaboración e lealdade institucional nun dos eidos prioritarios para a Deputación de Lugo, como é o medio rural e o sector primario”. “Cremos que se pode vivir no rural e do rural, e que o investimento nas infraestruturas rurais, como garante este convenio, é unha das armas máis útiles para mellorar a calidade de vida dos veciños e para loitar contra o despoboamento”, subliñou Gómez Besteiro, quen sinalou que a Deputación está “totalmente comprometida con estes obxectivos” impulsando, entre outras, iniciativas como as seguintes:
– Inviste en solitario, sen apoio da Xunta, 12 millóns de euros no primeiro centro público de recría de gando vacún de España, que estará en funcionamento no 2015.
– Constrúe o primeiro centro público de Galicia de despece de caza na Fonsagrada.
– Foi a primeira Deputación de Galicia en ofrecer axudas directas ós agricultores e gandeiros para poñer en produción terras abandonadas.
– Mellora a comercialización dos produtos autóctonos cunha plataforma de comercio electrónico para as PEMES e autónomos lucenses (www.losproductosdelugo.com) e impulsa marcas de calidade para eses produtos.
– Desenvolveu o plan de emprego Fórmate en Verde, no que participaron máis de 1.400 persoas, e grazas ó que se crearon 15 novas empresas vinculadas á gandería e a agricultura ecolóxicas, e a xestión forestal sostible.
– E levou a cabo, en cooperación coa empresa Alibós, un proxecto pioneiro na comunidade co que recuperou 225 hectáreas de soutos para facer da produción da castaña unha actividade rendible.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



