Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos facer pública a nosa postura sobre o que se está a publicar respecto á ampliación do Hospital da Costa.
No día de hoxe o Sr. Balseiro anuncia que os presupostos da Xunta de Galicia van a recoller unha partida de un millón de euros para o ano 2015 dedicada ás obras de ampliación do Hospital da Costa. En principio acollemos esta nova como algo positivo, se non fora por quen anuncia esta obra. Alguén que xa anunciou esta ampliación cando menos en seis ocasións sempre coincidindo con épocas electorais non nos ofrece unha grande credibilidade. Tendo en conta isto imos a estar vixiantes e reclamar que cando menos este millón de euros se execute realmente, temos experiencias de sobra para poder dicir que contar cunha partida nos presupostos non quere dicir que estes cartos realmente se vaian a inverter ou que a partida en cuestión quede sen executar (o acceso ó porto de Burela tiña presupostados 250.000 euros no anos 2013 que non se executaron, e no ano 2014 tiñan 850.000 euros dos que nada se sabe a falla de dous meses para que remate o ano, por non falar da Vía de Alta Capacidade San Cibrao – Viveiro que todos coñecemos de sobra).
En todo caso, parécenos unha partida máis que insuficiente, e soa máis a un lavado de cara que a unha intención real de levar a ampliación adiante, pensando unicamente nos procesos electorais a celebrar no ano 2015. Si temos en conta que segundo anunciou o propio Partido Popular a ampliación vai a ter un custe de 19 millóns de euros, as contas son claras, a ese ritmo de inversión a ampliación do Hospital da Costa sería un realidade no ano 2034. É evidente que a poboación da Mariña non pode esperar 19 anos para ver feita realidade esta ampliación do Hospital.
Por todo isto, dende o PSdeG-PSOE de Burela xa nos puxemos a traballar co noso deputado autonómico, José Ramón Val Alonso, para presentar unha emenda no debate de presupostos que se celebrará proximamente para que esta partida ascenda cando menos ós 5 millóns de euros que demostrarían unha verdadeira vontade por parte do goberno da Xunta de Galicia de querer realmente que a ampliación do Hospital da Costa sexa unha realidade no máis breve espazo de tempo posible, para que así no prazo máximo de tres ou catro anos esta ampliación sexa unha realidade.
Animamos ós responsables do Partido Popular da Mariña a esixir que se aumente a partida presupostaria que se adxudica a esta obra por responsabilidade cos cidadáns da Mariña, e poñerse todos xuntos a pelexar para que esta ampliación non se demore no tempo, supoñemos que os responsables do Partido Popular da Mariña están na mesma liña de ver rematada esta ampliación o antes posible. Esta debe de ser unha loita que debemos de asumir todas as organizacións políticas con presenza nos distintos concellos da Mariña, xa que entendemos que é de xustiza que os veciños e veciñas de Burela e do resto da Mariña que o Hospital da Costa se acondicione para poder dar máis e mellores servizos.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



