Sábado 18 de outubro de 2014.- Logo de que este venres a conselleira do Medio Rural e o presidente da Deputación de Lugo asinaran un convenio para que os 67 concellos da provincia recibirán axudas para ampliar, mellorar e manter os camiños, o secretario xeral do PP de Lugo e voceiro de montes do grupo parlamentario popular, José Manuel Balseiro, agradeceu a conselleira Rosa Quintana a súa implicación coa provincia e denunciou que Gómez Besteiro deixase este compromiso en segundo plano para atender antes as súas actividades como secretario xeral do PSdeG.
O popular afirmou que dos catro presidentes dos Entes Provinciais, Gómez Besteiro foi o último en asinar este convenio; unha demora que se debeu a que o socialista priorizou a axenda do Partido á da Deputación.
Esta acción demostra o que “vimos denunciando os populares dende sempre: o total pasotismo e a despreocupación de Besteiro polos Concellos da provincia de Lugo”, – manifestou Balseiro, quen denunciou que Gómez Besteiro antepoña as súas accións de secretario xeral do PSdeG ás de presidente do Organismo provincial.
O popular lembroulle a Besteiro que atender e servir aos Concellos da provincia de Lugo é a súa obriga e a día de hoxe son moitos os rexedores que están agardando a que os reciba polo que o instou a antepoñer as súas obrigas de colaborar cos concellos como presidente do Organismo ás das rutas como secretario xeral do PSdeG.
Con respecto ao Plan Marco, Balseiro puxo en valor o Plan Marco 2014-2015, que este ano conta cunha cuantía superior ao da anualidade 2013-2014, e salientou os preto de 7 millóns cos que se beneficiarán os 67 concellos lucenses para ampliar, mellorar e manter camiños de titularidade municipal na provincia.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



