A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá visita este domingo 26 de outubro de 2014 O Courel, disfrutará dunha ruta circular que pasará por Alto do Couto, Devesa de Regueira, Formigueiros para volver de novo a Alto do Couto. Un percorrido duns 12 km e de dificultade media. Ao finalizar a ruta os sendeiristas disfrutarán dunha comida nun restaurante típico da Serra do Courel. O prezo para os socios é de 30 € e para os non socios de 35 €.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



