LUGO, 23 DE OUTUBRO DE 2014.- O secretario provincial –Juan Carlos González Santín-, expuxo este xoves na charla-informativa ofrecida ao colectivo de pensionistas e xubilados de UXT Lugo as graves consecuencias da reforma decidida unilateralmente hai un ano polo Executivo nesta materia, e que situou a suba da prestación mínima anual no 0,25% ata 2017. Deste xeito, os pensionistas lucenses que, xunto cos de Ourense, son os peor pagados do Estado verán como este incremento tan só supón un incremento mensual de 1,75 euros.
Trátase segundo indicou o dirixente dos socialistas lucenses “dunha limosna que amosa unha enorme insensibilidade do Partido Popular cos nosos maiores, xa que en moitas unidades familiares son eles, precisamente, os que están traballando para o Goberno, e son os que auxilian aos seus descendentes en paro”. Proba delo, é que hai casos concretos en Lugo que destinan ata o 40% da súa paga mensual a este fin. “Isto é un drama social, pois despois de toda unha vida traballando, non teñen nin o máis mínimo respiro económico”, denunciou Santín.
E é que, pese a que a inflación non reflicte o custo da vida, o deterioro socioeconómico estaos empuxando a asumir un sobrecusto, reducindo así de forma drástica os recursos dispoñibles. “Non pode ser que este colectivo vexa como todo sube, mentras as súas pensións permanecen conxeladas”. Por este motivo, durante o encontro no que tamén participaron os secretarios xerais de dita organización a nivel provincial e autonómico, Dolores Vieiro e Valentín Tato, respectivamente, avogou porque se apliquen incrementos considerables para as pensións máis baixas, “pois non é o mesmo o 0,25% de 500 euros que o 0,25% de 2.000”.
Empobrecemento do poder adquisitivo
Deste xeito, a medida do Executivo de Rajoy suporá, en contraposición co 27% gañado durante o último período de goberno do PSOE, un empobrecemento do poder adquisitivo deste colectivo de entre o 16 e o 20% nos próximos dez anos. A provincia, segundo os datos publicados pola Seguridade Social, conta con máis de 119.000 pensionistas, e a pensión media é de algo máis de 645 euros. Por tanto, coa reforma, cada xubilado deixará de percibir na próxima década 8.400 euros, denunciou Santín.
Por iso, o secretario Provincial criticou que o Partido Popular sempre acuse ao PSOE de conxelar as pensións, xa que ”se hai algún sitio onde isto é falso é na provincia de Lugo porque, durante os sete anos do Goberno socialista, estas subiron un 27%”. Asimesmo, precisou que, nos últimos 30 anos, estas prestacións subiron un 80%. Desta porcentaxe, o 75%, foi durante os diferentes mandatos do PSOE e, o 5%, durante os do Partido Popular.
“Unha mentira máis”
A este respecto, considera que, unha vez máis, se demostra que o Executivo estatal “puxo enriba da mesa unha mentira más”. “Rajoy comprometeuse publicamente a non aplicar a tixeira á Sanidade, á Educación e ás pensións, e tocou as tres. É o recorte máis grande da historia da democracia española”, afirmou Santín.
Concretamente, o Goberno “non só se cargou o IPC para revalorizalas, senón que, por riba, nos Orzamentos deste ano prevé que a inflación aumente un 1,5%. É dicir, que o que está conseguindo o Sr. Rajoy é que este colectivo perda un 1,25% do poder adquisitivo”. Esta circunstancia repercutirá nas prestacións futuras e presentes, de tal xeito que, no primeiro dos casos, coa introdución do factor de sostibilidade, as mulleres son as que saen máis prexudicadas, pois traballaron menos tempo e con salarios máis baixos.
Así mesmo, a reforma afecta ás pensións presentes, pois segundo o documento enviado a Bruxelas, indícase que, entre 2014 e 2022, os pensionistas, no caso de que a inflación sexa do 1% perderán 33.000 millóns de euros. Pola contra, se esta sube ao 2% ou ao 3%, a cantidade que deixarán de percibir será 66.000 millóns no primeiro caso e, de 100.000 millóns, no segundo.
“Unha política que ataca aos indefensos”
“Esta é unha política que ataca aos indefensos”, destacou o secretario Provincial. E é que, o Goberno do PSOE atopouse cunha hucha das pensións con 15.000 millóns de euros ata deixala con 67.000 millóns. Pola contra, en só dous anos (2012 e 2013), Rajoy retirou máis de 18.000 millóns de euros deste sistema; máis da cuarta parte do total. De seguir así, ao final do mandato, o Fondo quedará reducido á metade. Por outra banda, o presidente do Goberno tamén recibiu o Fondo de Prevención da Seguridade Social con 4.900 millóns de euros, “algo que pouco lle durou, xa que en setembro de 2012, deixouno practicamente baleiro, ao retirar 4.400 millóns”.
Por tanto, “é unha falacia dicir que a Seguridade Social quedou en banca rota”, pois o PSOE, en 2011, só tiña un déficit do 0,07% nesta partida, é dicir, 700 millóns de euros; mentras que, en 2013, este cifra situouse nos 13.000 millóns e, en 2014, nos 18.000 millóns.
Desenvolvemento da xornada
González Santín atendeu así á petición formulada por este colectivo, que na provincia supera os 400 integrantes, e que en diversas ocasións xa manifestaron o seu carácter reivindicativo ante o recorte das súas prestacións.
O encontro tivo lugar no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos. Ademais do deputado autonómico, tamén participaron os secretarios xerais de dita organización a nivel provincial e autonómico, Dolores Vieiro e Valentín Tato, respectivamente.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



