Viveiro, 23 de outubro de 2014.- Os orzamentos da Xunta en 2015 contemplan obras con destino concreto na Mariña lucense por máis de 21 millóns de euros. Trátase dun dos investimentos máis relevantes na historia desta comarca, centrados en impulsar proxectos estratéxicos clave como son a mellora das comunicacións ou o inicio da obra de ampliación do Hospital da Costa.
A estes investimentos con “nomes e apelidos” que se achegarán á Mariña, hai que engadir outras moitas partidas xenéricas que tamén se destinarán á comarca incrementando significativamente os apoios da Xunta.
REPASO ÁS OBRAS MÁIS SALIENTABLES
Así o explicaron os deputados do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados por alcaldes e portavoces desta formación política, nunha rolda de prensa na que analizaron máis polo miúdo as contas autonómicas para o ano próximo.
Os populares falaron dun dos apoios máis salientables da historia recente que permitirá respaldar, entre outras, varias actuacións pendentes de gran importancia para A Mariña como son:
• A licitación, adxudicación e inicio das obras de ampliación do hospital (1 millón de euros)
• A continuación do treito entre Celeiro e San Ciprián do corredor da Costa (case 10 millóns de euros)
• O remate das obras de acceso ao Porto de Burela (6 millóns de euros)
“Estes dous últimos casos son o segundo e terceiro investimento máis cuantioso da provincia, superado solo polo corredor de Sarria”, concretaron.
Por outra banda, ás partidas xa coñecidas de:
• 1,3 millóns de euros para as depuradoras de Ribadeo e Alfoz
• 334.253,68 euros para a residencia e centro de día de Foz
Hai que sumar outras achegas como:
• 415.000 euros para o consorcio de abastecemento conxunto Cervo-Burela
• Preto de 2 millóns de euros garanten a total operatividade 24h/365 días do Servizo de Gardacostas de Viveiro
• 105.000 euros para o Centro de Investigación Mariña de Ribadeo
• 26.975 euros para o Centro de Formación agraria Pedro Murias
• 163.196,20 e 3.250 euros para os polígonos industriais de A Pontenova e Viveiro respectivamente
• 500.000 euros para o convenio de regasificación de ALCOA
Os deputados populares conclúen a súa valoración indicando que estes datos confirman que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo cree e está comprometido coa Mariña lucense.
| Actuacións máis relevantes por contía | Orzamento |
| Ampliación do Hospital |
1.000.000,00 |
| Corredor (Tramo Celeiro- San Ciprián) |
9.640.000,00 |
| Acceso ao Porto de Burela |
6.121.738,00 |
| EXPLOTACIÓN DEPURADORAS DE RIBADEO E ALFOZ |
1.320.000,00 |
| OUTRAS ACTUACIÓNS A MARIÑA |
|
| RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA EN FOZ |
334.253,68 |
| POLÍGONO INDUSTRIAL A PONTENOVA |
163.196,20 |
| POLÍGONO INDUSTRIAL VIVEIRO |
3.250,00 |
| CONSORCIO DA REDE BÁSICA DE ABASTECEMENTO PARA CERVO E BURELA |
415.000,00 |
| MANTEMENTO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS |
1.031,00 |
| OPERATIVIDADE SERVIZO DE GARDACOSTAS Viveiro |
1.950.000,00 |
| ÁREA DE MAR DE CELEIRO |
7.500,00 |
| CENTRO DE FORMACIÓN AGRARIA PEDRO MURIAS Ribadeo |
26.978,97 |
| CENTRO DE CULTIVOS MARIÑOS DE RIBADEO |
105.000,00 |
| REPARCIÓN DE EDIFICIOS, CASCOS HISTÓRICOS E NÚCLEOS RURAIS (vivendas promoción pública) |
|
| VIVEIRO |
8.928,57 |
| MONDOÑEDO |
8.925,57 |
| REPARCIÓN DE EDIFICIOS, CASCOS HISTÓRICOS E NÚCLEOS RURAIS (outros investimentos) |
|
| VIVEIRO |
3.571,42 |
| MONDOÑEDO |
3.571,42 |
| CONVENIO COA FEDERACIÓN LUCENSE DE CONFRARÍAS DE PESCADORES |
27.000,00 |
| CONVENIO DE COLABORACION CON ALCOA INESPAL, S.A. |
500.000,00 |
|
|
|
| TOTAL ORZAMENTOS 2015 |
21.639.944,83 |

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



