O Burela FS Pescados Rubén sumou este sábado 25 de outubro a súa cuarta vitoria consecutiva coa visita de FSF Rioja (6-2), que acudiu a Vista Alegre baixo mínimo en efectivos.
As pupilas de Quico Otero plantáronse no seu feudo sen deixar nin un respiro. Adiantaron xa, cumpríndose o minuto 1.30 de xogo, cunha asistencia de Bea Mateos dende a banda que Gaby enganchou para estrelar o esférico contra a rede. En contraataque, as rioxanas aproveitaron unha das escasas chegadas á portaría de Jozi (minuto 3), que conseguiron resolver entre a brasileira e Shiori. O incesante perigo local tivo a súa recompensa por partida dobre no minuto 5, con dianas de Peque, dende lonxe, e Maite, a pase de Claudia dende a esquina. Aínda puido marcar máis as distancias Claudia un minuto despois na área, sen fortuna no remate dende balón parado. Deseguido, encontraron as visitantes o seu obxectivo en contraataque, cun balón de Carmen (3-1, minuto 7) que superou a Jozi. Rozando o ecuador da primeira parte, Taina subiu o 4-1 dun potente disparo exterior. A eficacia rioxana volveu facer pleno, con Carmen (4-2, minuto 13) esperando ao segundo pau tras falta local ao bordo da área. O tempo de descanso chegaba con 5-2, tras finalizar Bea Mateos unha preciosa xogada de Shiori que Peque cedeu de tacón a 20 segundos para a bucina. Antes, no 18, Bea Mateos e Peque tamén dispuxeron de magníficas ocasións.
A segunda parte comezou sen cambios, con monólogo laranxa en ataque e perigo, aínda que co paso dos minutos as filas locais reduciron unha marcha en intensidade e iso lles deu opción ás rioxanas para achegarse máis á portaría de Jozi, cunha grande oportunidade de Natalia no minuto 24 entre o máis destacado. Non obstante, tanto insistiu o Burela FS que no 30 volveu perforar a meta rival, con selo de calidade de Maite, asistida por Shiori. A 17 laranxa aínda dispuxo doutro balón de ouro tan só dous minutos despois nun rexeitamento, sen éxito para anotar. Responderon as visitantes con galopada de Carmen, a goleadora rioxana, que rabuñou Jozi da liña de meta. Na recta final, Gaby tamén tamén conseguiu manter o marcador co 6-2 definitivo salvando da liña de gol un disparo de Jess que superou á meta mariñá.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos, Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Maite, Kiko, Paula, Cris.
FSF Rioja: Eva Gutiérrez, Carmen, Jess, Eva, Lara (quinteto inicial). Tamén xogaron Natalia, Silvia
Goles: 1-0, minuto 2, Gaby; 2-0, minuto 5, Peque; 3-0, minuto 5, Maite; 3-1, minuto 7, Carmen; 4-1, minuto 10, Taina; 4-2, Carmen; 5-2, minuto 20, Bea Mateos; 6-2, minuto 30, Maite
Tarxetas: Por FSF Rioja, amarela a Eva (minuto 9)
Árbitros: Dos Santos, Carlos Alberto // González Suárez, José Paulino (Asturias)
Incidencias: Partido correspondiente a la séptima jornada de Primera División RFEF. 300 espectadores
*Foto: Ana López Ramos





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
