Cervo, 28 de outubro de 2014.- O Concello de Cervo iniciou os traballos para preparar e acondicionar un camiño forestal situado no burgo de Trasbar e moi frecuentado por camións e maquinaria pesada. Unha obra que se está realizando precisamente coa colaboración dun madereiro e que permitirá que esta vía estea en boas condicións durante todo o ano. Para iso estase colocando material de recheo que facilitará que a pista se manteña transitable incluso durante as épocas de chuvia.
De feito, o obxectivo do Concello é que este camiño estea sempre dispoñible, tanto para o uso dos veciños en xeral como tamén para a industria madereira. O edil de Zona Rural, José Ramón Soto, e persoal municipal achegáronse ata a zona para comprobar o desenvolvemento dos traballos.
Ao mesmo tempo, Soto lembra que o Concello “vai seguir vixiante sobre o estado dos camiños forestais polos que transitan os camións de grande tonelaxe e a maquinaria pesada para talar e recoller a madeira, porque é a súa obriga manter e conservar estas vías reparando os danos que poidan provocar”.
O responsable de Zona Rural explica que dende o Concello “levamos tempo en contacto coas empresas madereiras, cooperando sempre co obxectivo de que a actividade forestal sexa compatible co bo estado dos camiños”.
O edil destaca que o sector da madeira xera moita riqueza no noso municipio e na comarca da Mariña, pero ao mesmo tempo “é moi importante que esta actividade económica non prexudique o día a día dos veciños que teñan que transitar por esas mesmas pistas”.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



