28 de outubro de 2014.- IV Aberto do Ferro. A Pontenova 25 outubro 2014: O Cadaval vai a por todas.
O sábado 25, a praza dos fornos de A Pontenova foi un fervedoiro de palanadores que atraídos polas famosas navallas do taramundense artesán José Rodil, se deron cita para disputar a 3ª xornada da LNB NorLeste, o xa tradicional Aberto do Ferro na súa cuarta edición.
O marmurio das cristalinas aguas do Eo que decurre a carón, quedou apagado polo bruar constante das billardas que fungaban cara o varal. Espectáculo sin igual protagonizado por 68 bravos loitadores nunha soleada tarde de verán.
O calor reinante e mais o acaloramento das carreiras fixeron que as cadeiras da terraza do bar a carón da pista, non fosen dabondo para dar cabida a tanto demandante de un pouco de sombra.
Con bastante puntualidade comenzou o aberto e xa na primeira carreira, dous dos a priore grupo de “favoritos”, víronse superados polos seus rivais de turno. O palanador errante “Pirucha” chegado de terras do Salnés, espetoulle un varado a Markytos que o privou de optar o pleno e conseguir así facer triplete e o seu compañeiro de equipo Daniel foi superado por Noé. O resto foron salvando as carreiras con mais ou menos atrancos, pero como froita madura tamén foron caendo uns tras doutros. So dous bravos foron quen de facer pleno: Kiko do potente equipo “O Cadaval” e Chousa que vai por libre. No desempate, Kiko foi mellor e acadou o primeiro posto.
Para o terceiro posto tres empatados a nove puntos. Pepe Vidal e David de “O Cadaval” e Peña do debutante equipo “Pena verde”. A mallor experiencia de Pepe e David non foi dabondo contra a ilusión e a entrega do debutante Peña que se fixo ca terceira plaza.
Tamen as donas levaron un recoñecemento ao seu cada vez mais eficaz e vistoso xogo. Geles do tamén debutante equipo “Polka”, foi a mellor nesta xornada superando en puntuación a Lucia de “Remourelle Bulls” e María de “Extensión billarda”.
Como equipos destacou por riba de todos “O Cadaval” que xunto a “Billardeiros Musicais” e “Carabullo de Teixo”, parece que son os que van a loitar por conseguir o campeonato. Ainda está comenzando a tempada pero o comezos non poden ser mellores.
A calurosa tarde non podía por menos que deixar algún varado, así que o xa mentado do primeiro golpe da tarde, seguironlle outros tres mais.
Regueiro (en representación de “Troitas Bravas” organizadores do aberto) oficiou a entrega de premios que como anos anteriores fixo a concelleira de deportes. As preciadas navallas, uns metacrilatos co escudo do Concello de A Pontenova e unas mazorcas de millo corvo, foron entregados aos gañadores do aberto.
As clasificacións logo das tres xornadas quedan así,
Individual: Kiko 26 p., Juan e Markytos 25 p., Chousa, Daniel, Pepe Outeiro, Pepe Vidal e Regueiro, 24 p.
Equipos: O Cadaval 101 p., Billardeiros Musicais 98 p., e Carabullo de Teixo 81 p.
Varados: Adrian, Charli, Daniel, Luis Pirucha e Regueiro 1 VARADO.
A vindeira xornada en San Miguel de Reinante esta prevista para o 15 de novembro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
