Burela, 30 de outubro de 2014. O Centro de Información ás Mulleres, dependente da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca para o vindeiro mércores, 5 de novembro, un casting dirixido aos adolescentes que queiran participar na gravación dunha curtametraxe sobre igualdade e prevención de violencia de xénero. A proba levarase a cabo a partir das 17.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela e nela poderán participar tódolos mozos e mozas que se atopen actualmente cursando estudos nalgún dos IES do municipio. Os interesados poden recibir máis información acudindo á sede do Centro de Información á Muller, en horario de 8 a 15:15 horas. Para participar na proba de selección será imprescindible que os menores de idade presenten unha autorización de consentimento firmada polos seus titores legais.
A concelleira de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, explicou que “dentro do abano de actividades que o CIM está a levar a cabo nos últimos meses, tales coma o curso de fotografía, o de formación para a creatividade ou a proxección e masterclass do documental Muller(es)Muller, actividades todas elas pertencentes ao programa Burela en Igualdade: Prevención, Sensibilización e Concienciación, seguimos a traballar de cara á promoción da igualdade entre mulleres e homes e da prevención e tratamento integral da violencia de xénero. E é por este motivo que queremos invitar á xuventude do noso pobo a participar nunha curtametraxe, co fin de acercar á mocidade a unha actividade que lles resulte atractiva, dotándoa de ferramentas que lles permitan afrontar a situación de desigualdade que aínda estamos a sufrir, previndo así a violencia de xénero dende idades temperás. Na actividade serán empregados elementos do seu entorno diario que permitan reflexionar sobre igualdade e violencia de xénero”.
A concelleira indicou que “dende o Concello convocamos a tódolos mozos e mozas a acudir o vindeiro 5 de novembro ao Auditorio da Casa de Cultura para participar no casting e optar a formar parte do documental. Unha vez que estea gravado estrearémolo de forma aberta a todo o público. Posteriormente, organizaremos ademais varios obradoiros sobre igualdade e prevención de violencia de xénero con adolescentes, xa que a propia proxección da curtametraxe servirá de motivación para organizar un debate dirixido por profesionais”. E engadiu: “en definitiva queremos ofrecer ferramentas innovadoras e atractivas que axuden a mudar a situación de desigualdade actual. Así coma promover unha actitude loitadora mediante a cal busquemos alternativas á situación de desigualdade que aínda vivimos entre mulleres e homes. Dende o Concello desexamos que todas estas accións divulgativas e de sensibilización sexan de interese para a sociedade en xeral, e neste caso para a mocidade en particular.”






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



