O Instituto da Muller creouse como Organismo Autónomo da Administración Central no ano 1983. Por aquel entonces, acabábamos de saír dunha dictadura na que as mulleres tiñan a condición de seres legais e economicamente dependentes e onde a súa única misión era ocuparse do fogar e da crianza dos fillos e fillas. É por elo, que a creación do Instituto da Muller viuse como o inicio do camiño a igualdade entre mulleres e homes no noso país a par que nos achega a Europa onde se nos decía que había que facer políticas de igualdade dende organismos especializados que se ocuparan de elo e que, ademáis, implicaran ao Goberno e os diferentes axentes sociais. Por este motivo, o Instituto da Muller convirteuse, dende o primeiro momento, na “casa de todas”. Dende alí, e dende entón, traballouse da man das organizacións fiministas e das mulleres. Foron elas as que loitaron para que existira e foron elas as protagonistas dos tan necesarios cambios lexislativos que melloraron, e de qué maneira, a vida de todas.
Desde a súa posta en marcha, o Instituto da Muller tivo entre as súas funcións básicas:
• Promover as condicións que fixeron posible a igualdade entre homes e mulleres.
• Impulsar a participación das mulleres na vida económica, política, social e cultural do noso país.
• Coordinar os traballos que deben desarrollar os diferentes Ministerios e de máis organismos específicamente relacionados coa muller.
Ao mesmo tempo, outra importante función que desarrollou foi o apoio, sobre todo a través de convenios de colaboración, a creación de servizos de atención as mulleres con maiores dificultades e o desarrollo de políticas de igualdade a nivel autonómico e local. Ademáis, o Instituto da Muller colaborou, informou e seguío coa aplicación de leis tan importantes para a vida das mulleres como é a Lei Integral contra a Violencia de Xénero, a Lei da Igualdade, a Lei da Dependencia ou, como non, a Lei da Saúde Sexual e Reproductiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.
Pero esta dilatada e valiosa traxectoria non debeu parecerlle suficientemente importante e necesaria o Goberno do noso país. O pasado día 16 de setembro, o Boletín Oficial do Estado decretaba que o Instituto da Muller pasaba a chamarse “Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades” e que as funcións anteriormente mencionadas quedan diluidas completamente, restándolle capacidade de acción fronte ao resto de organismos públicos e sumalle ademáis a responsabilidade das políticas contra a discriminación de persoas por razón de nacemento, sexo, orixen racial ou étnico, relixión ou ideoloxía, orientación ou identidade sexual, idade, discapacidade ou calquera outra circunstancia persoal ou social. Deste xeito, o Goberno decideu acabar co único organismo especializado en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Con esta decisión, unha vez máis, o Goberno do Sr. Rajoy desatende, reduce e relega as mulleres, e as súas necesidades, ao rincón do olvido.
Pero isto non é todo. Cando o Goberno engade ao nome do Instituto da Muller o “e para a Igualdade de Oportunidades” ten como única pretensión evitar que a Unión Europea lle chame a atención por non cumplir co establecido en materia da non discriminación e igualdade de trato. Coma sempre, o Goberno do Partido Popular opta por poñer parches en vez de tomar decisións políticas que den resposta aos compromisos con Europa e, o que é máis importante, ocuparse de que no noso país a igualdade de trato teña un organismo que se ocupe de ela para que as discriminacións deixen de existir.
Parece que o Goberno non quere entender que en materia social, tratase de ampliar dereitos, de intensificar esforzos, de aumentar garantías. Non de reducir e fragmentar os tan escasos recursos existentes para evitar posibles reprimendas. En definitiva, o Goberno elixe non enterarse de que se trata de sumar e non de restar, nin, por suposto, de enfrentar e dividir.
Por todo o exposto o concelleiro da Corporación Municipal de Foz Xaime Cancio presenta para súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN:
– Esixir ao Goberno que manteña o Instituto da Muller como organismo autónomo especializado na Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.
– Esixir ao Goberno que modifique os obxetivos deste organismo devolvéndolle a capacidade de acción que antes tiña centrada na igualdade entre homes e mulleres para, entre outras cousas, coordinar as políticas de igualdade co resto de Ministerios e organismos públicos, así como para facer o seguimento de toda a lexislación relativa a igualdade de oportunidades de homes e mulleres.
– Esixir ao Goberno o aumento da dotación presupostaria do Instituto da Muller co obxetivo de que poda seguir ocupándose de temas tan prioritarios como son a erradicación da violencia de xénero, o empleo, a educación no sexista, a trata de persoas con fines de explotación sexual, etc.
– Esixir ao Goberno que, dende o Instituto da Muller se siga apostando polo traballo conxunto en colaboración coas autonomías e entes locais.
– Esixir ao Goberno que tramite a Lei Integral de Igualdade de trato e non discriminación co fin de profundizar no valor da igualdade más alá do seu recoñecemento legal e garantice a igualdade de trato e loita contra a discriminación.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



