Cervo, 31 de outubro de 2014- O Concello de Cervo organiza para esta fin de semana unha serie de actividades de Samaín pensadas para o público infantil. Xa onte tivo lugar a primeira iniciativa coa festa de Samaín do PAI que se celebra todos os anos e á que acode o alumnado do Punto de Atención á Infancia. Nela os nenos e nenas participaron nunha merenda e en diversos xogos na Casa do Mar.
O sábado será o momento da Festa Infantil de Samaín aberta a todos os nenos e nenas do concello, que se celebrará a partir das 18 h. na Casa do Mar. Nela haberá obradoiros de maquillaxe, de elaboración de máscaras, xogos e baile así como unha merenda. Unha actividade que se ofrecera tamén o ano pasado e que tivera moito éxito de participación.
O domingo a actividade trasládase ao Ecomuseo de Cervo (18 h.), onde se ofrecerá un ciclo de cine infantil de medo. A edil de Educación, Pilar Armada, asegura que poñen en marcha este programa de Samaín “pensando especialmente nos nenos e nenas, aproveitando que estes días non teñen clase, e ofrecéndolles alternativas para pasalo ben”. A edil convida a todos os nenos e nenas a participar nas actividades e a vivir esta ponte festiva “de forma activa e dinámica”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



