Burela, 31 de outubro de 2015. O servizo de axuda no fogar de Burela incrementouse paulatinamente ao longo dos tres anos de mandato, do PP á fronte do Concello, tanto na modalidade de libre concorrencia como na de dependencia.
A edil popular explicou que “no caso de SAF-libre Concorrencia estase a prestar un 20% mais de casos que no ano 2011, pois concretamente pasouse de 38 persoas usuarias a 47 a día de hoxe. No caso de SAF-dependencia as horas que se prestaban co goberno do bipartito eran 992 mensuais, e actualmente préstanse 1.503 horas ao mes, o que supón unha atención directa a persoas valoradas con grao de dependencia e con PIA (Programa Individual de Atención) resolto da Xunta de Galicia nun total de 18.036 horas anuais, diante das 11.904 horas anuais que se prestaban cando este equipo chegou ao goberno. É dicir, ao longo destes últimos tres anos o goberno actual, a través da Concellería de Servizos Sociais, conseguiu incrementar nun 35% o servizo, co aumento de nada mais e nada menos de 6.132 horas ao ano, reforzando así a atención directa a aquelas persoas con mais vulnerabilidade, que neste caso son as persoas con dependencia”.
A concelleira de Servizos Sociais sinala que “cabe ter en conta que este aspecto do notable incremento de horas do SAF tamén reverte nos propios familiares coidadores, pois son xunto coas persoas dependentes, os que sofren esta delicada situación e, polo tanto, axúdaselles así a aliviar un pouco máis a situación e se axuda a conciliar a vida laboral e familiar, ao mesmo tempo que tampouco debemos esquecernos de que se favorece o aspecto laboral, pois cantas mais persoas poidan ser atendidas maior número de postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar se están a crear para poder atender todos estes casos aos que na actualidade da cobertura o Concello de Burela”.
A edil popular indica que “tal e como sempre se demostrou, unha vez mais este equipo de goberno aposta en firme polos servizos sociais, pois a ampliación progresiva do servizo de axuda no fogar (SAF) ás persoas en situación de dependencia, así como ás familias con problemas de integración social ou laboral e outros colectivos con necesidades específicas, son firmemente prioritarias á hora de prever o gasto social, xa que o SAF na modalidade de libre concorrencia está orzamentado para este ano 2014 con 51.628 euros e o orzamento total para afrontar o servizo de SAF na súa modalidade de dependencia ascende a un total de 216.000 euros para o ano 2014.Son casi uns 270.000 euros os cartos asignados ao SAF en total, e é nesta liña na que se seguirán priorizando e reforzando a prestación básica de axuda no fogar, xunto a outros colectivos con necesidades específicas por parte do equipo de goberno de cara ao ano 2015, co fin de que as persoas veciñas de Burela estean atendidas cun servizo eficaz e de calidade”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



