A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, aínda coa resaca da ruta de O Courel, xa ten en marcha a vindeira ruta do mes de novembro, desta vez a Outeiro de Rei, visitarán o Miradoiro da Terra Cha, unha ruta duns doce km e medio e de dificultade baixa. Desta volta acompañaranos a Asociación Pasada das Cabras, de Burela. Sairase ás 09.00 horas do Cantón de Lourenzá e terá un coste de 15 € para os socios e de 20 € para os non socios. Ao rematar a ruta comerase no Restaurante González. A data límite para apuntarse será o vindeiro xoves 6 de novembro ás 14 horas nos teléfonos 982 121006 (Pepe), 658 097133 (Miguel) ou no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



