Barreiros, 6 de novembro de 2014. O Museo da Fonsagrada acollerá un exposición do artista barreirense Celso Dourado. A mostra, que é unha homenaxe ao Comandante Moreno, será inaugurada o vindeiro sábado, 8 de novembro. Ese día desenvolveranse varios actos tanto no cemiterio coma no Concello e no Museo.
Dourado explicaba hai uns días que “a inauguración vai a ser o día de novembro 8 no Museo da Fonsagrada, por pura iniciativa da xente que leva este museo. Consiste nunha serie de obras que eu fixen cando descubriron os restos do Comandante Moreno no Alto do Acevo, na Fonsagrada. Eu quedei tan impresionado daquela historia que decidín facer unha serie pictórica alusiva aos feitos que se deron alí no ano 37”.
O artista barreirense contou que “a serie é variable e está composta por unha media de entre 10 e 12 obras que utilizo segundo o espazo do que dispoño. É unha obra moi forte e moi impactante. Utilizo colores tamén para darlle maior realismo e explicación á propia obra que camiña cara onde se desenrolaron os feitos. Desde a organización pedíronme que non puxera data de remate xa que pretenden que estea alí todo o tempo que se poida. Eu calculo que seguramente pase alí as festas do Nadal”.
Celso Dourado lembrou que “cara o ano 2006, localizáronse os restos alí de todos os membros do Batallón Galicia, que fora masacrado no ano 37 e enterrado nunha fosa común. Isto quedou tan interiorizado na propia xente, nos habitantes da Fonsagrada que lle compuxeron un romance ao comandante Moreno. A este romance nunca lle deron forma escrita por medo, sempre se transmitía oralmente. Alí na Fonsagrada cando coñeceron a existencia desta serie pictórica, se puxeron en contacto automaticamente comigo para poder levala alí. Eu gustosamente aceptei porque foi un tema que realmente me causou unha gran impresión e organizáronse varios actos. Entre eles unha ofrenda floral que se levará a cabo ás 17:30 da tarde no cemiterio da Fonsagrada, xa que os restos destes represaliados están enterrados neste lugar, e logo no Concello desenrolarase o groso dos actos”. Ás 18 horas neses actos participarán o alcalde, Argelio Fernández; Eliseo Fernández, representante da CNT; e Antón Castro, membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Unha hora despois, sete da tarde, no Museo da Fonsagrada terá lugar a inauguración da exposición de Celso Dourado. Nese acto intervirá o propio artista barreirense e tamén o presidente do Patronato do Museo, Juan José Molina. Alí estarán tamén Mini e Mero “cantando precisamente o romance ao comandante Moreno; Brais Monxardín, que é un gran músico que compuxo a banda sonora dun documental que se fixo sobre o comandante e a poetisa Xiana Arias, que é nativa da Fonsagrada. Coma sempre que eu desenvolvo diferentes actos, estará coordinado pola xornalista e actriz Comba Campoy entre outros moitos participantes que se van a dar cita alí”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



