Unha auténtica xornada de irmandamento, convivencia e camaradería foi a vivida este domingo entre os sendeiristas de “Terras de Lourenzá” e os de “Pasada das Cabras de Burela”. Os “fabeiros” elixiron a ruta do Miradoiro da Terra Chá e convidaron ós de Burela para camiñar xuntos. A xornada, aínda que un tanto desapacible no meteorolóxico, non impediu que os sendeiristas disfrutaran dos encantos desta ruta de 13 km que partindo dende Feira na parroquia de Gaioso os levou ata a igreza de Francos. Un dos lugares con maior encanto é a área de Pena de Rodas (na imaxe) con dúas moles inmensas de granito que lle dan o nome ó lugar. Para repoñer forzas se desprazaron ó restaurante González onde lles agasallaron cun menú que satisfixo ó máis esixente. Pasada das Cabras felicita ós de Terras de Lourenzá pola magnífica organización e convídaos á próxima ruta, de Linares de Bidul a Ponte de Villabol (antiga estrada da República) na Fonsagrada, a celebrar o 14 de decembro.
