O Club Deportivo Marqués de Casariego de Tapia cumpre 25 anos e celébraos repetindo a primeira ruta que ten organizado: Alto Ouroso – Teixo – Teixóis – Esquíos – Taramundi. Será o domingo 23 de novembro con saída ás 08.00 horas dende Tapia. O luns 24 (ás 20.00 horas) inaugurarán as xornadas co repaso á historia do club e unha exposición con fotografías, etc. O martes 25 (ás 19.30 horas), charla de ADN Astur sobre “78 Concejos, 78 Cumbres”. O mércores 26 (á mesma hora), charla de José Luís Llamazares sobre “Sin miedo pero con seguridad” e Siro Maseda sobre “Deporte e superación na montaña”. O xoves 27 (ás 20.00 horas) será a quenda da proxección de “Cordillera Cantábrica, Cuatro estaciones” de Luis Gutiérrez (Guti) e Tino Muñiz (Foristo). O venres 28 (ás 20.00 horas) celebrarase na Casa da Cultura de Tapia a charla de “Futuro de la montaña asturiana. Relevo generacional” e o sábado 29 (ás 20.00 horas), charla de Carlos Soria sobre “Alpinismo después de los 70”. E ás 22.00 horas, cea no restaurante El Álamo. O domingo 30, a partir das 11.00 horas, Bicitapeo dende Tapia – La Roda – Porcía – Tapia.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



