Lugo, 20 de novembro de 2014.- A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, xunto ao Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, presentou este xoves o Pacto Provincial polo Emprego II na Mariña, en dous encontros informativos sobre este programa de inserción laboral, mantidos en Viveiro e no Valadouro, os primeiros dos que se celebrarán por toda a provincia.
O Pacto polo Emprego II conta cun orzamento total de 4,1 millóns de euros, cofinanciados nun 80% por fondos europeos, logo de que a boa xestión da Deputación conseguira ser premiada pola Unión Europea con 600.000 euros máis, que se sumaron aos 3,5 millóns de euros dos que dispoñía inicialmente o Plan. Este orzamento fai que este proxecto sexa o que acadou máis financiamento en Galicia na última convocatoria do Fondo Social Europeo.
Cursos na Mariña
Lara Méndez destacou que este plan contribuirá á inserción laboral no mercado de 1.005 lucenses desempregados mediante formación e prácticas remuneradas nas profesións con máis demanda no mercado do traballo da provincia. A Mariña acollerá 19 accións formativas das 67 programadas en total, o que supón máis de 8.000 horas de formación teórica e práctica para 255 desempregados mariñanos.
As accións formativas que se celebrarán na Mariña son as seguintes:
6 cursos de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio
5 de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
1 de Técnico de Transporte Sanitario
2 de Operacións básicas de Cociña
2 de Operacións básicas de restaurante e bar
1 de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
2 de Asesoramento na función xerencial e o autoemprego
Estes 19 cursos sumarán 8.725 horas de formación remunerada que axudarán a máis de mil parados lugueses a atopar un posto de traballo.
Méndez explicou que todos os beneficiarios accederán a formación teórica e práctica en recoñecidas empresas e asociacións da provincia, para cuxa selección tamén se incluíron cláusulas sociais. Estas empresas ofrecerán, ademais, titorías individuais sobre habilidades sociais como, por exemplo, o mellor xeito de presentarse a unha entrevista de traballo, redactar un bo currículum, poñer en marcha unha empresa, etc.
A Deputación puxo en marcha o Pacto Provincial polo Emprego coa intención de que o feito de non contar con estudos ou ingresos deixara a ninguén fóra do plan. Así, aos participantes non se lles esixe ningunha titulación, e durante o proceso de formación todos eles recibirán unha prestación económica equivalente ao 75% do IPREM, isto é, uns 400 euros mensuais, cantidade máxima que a normativa que regula o Fondo Social Europeo permite. Esta axuda mensual é compatible coa percepción da prestación por desemprego ou de calquera outra axuda pública da mesma finalidade, sempre e cando o total mensual non supere precisamente o 75% do IPREM.
A quen está dirixido
A Vicepresidenta lembrou que os beneficiarios poden ser desempregados de todos os Concellos da provincia -agás o de Lugo, posto que este xa conta co seu propio plan equivalente-, e para participar só teñen que estar inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego -antes denominadas Servizo Galego de Colocación-.
Malia que este programa está dirixido calquera persoa desempregada, teranse en especial consideración, tal e como indican as bases, determinados colectivos con máis dificultades:
– menores de 30 anos e maiores de 45
– desempregados de longa duración
– persoas con diversidades funcionais
– vítimas de maltrato
– persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social
– as pertencentes a minorías étnicas
– os inmigrantes
– mozos que non superaran a ensinanza obrigatoria
– coidadores non profesionais que atenden a dependentes
– outros colectivos en risco de exclusión social.
Como inscribirse
Os interesados en tomar parte só teñen que dirixirse á súa oficina de emprego habitual e simplemente manifestar que están interesados en participar nos cursos da Deputación. Máis información en www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 260 088.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



