Burela, a 21 de novembro de 2014.- O alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou este xoves, nunha reunión co veciños e veciñas da zona centro de Burela celebrada no bar Don Jamón, que “o acceso ó porto xa comenza a ser unha realidade gracias ó compromiso da Xunta de Núñez Feijoo e ó traballo feito polo equipo de goberno burelés, que fumos quen de sacar adiante un Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que posibilita que esta obra, vital para o desenvolvemento de Burela, poida concretarse”.
González Barcia dixo tamén que “sempre quedarán aqueles que afirmen que o acceso ó porto non se rematará, ou que o servicio de oncoloxía do Hospital non durará moito; os que eso afirman, son os negativistas sistemáticos, os perdedores, e os que, o peor de todo, tensionan á sociedade con marcados fins políticos; pois ben, os que así obran están sendo xa desenmascarados e se tiveran vergoña recoñecerían o que xa se ve que son realidades”.
O alcalde burelés, que acudiu á reunión acompañado de membros do seu equipo de goberno, asegurou que “dos principais obxectivos que nos marcamos no noso programa electoral de 2011, o noventa por cento ou está executado ou en vías de execución: PXOM, recuperación das subvencións, nova escola infantil, acceso ó porto, etc., son realidades que cada vez percibe máis xente, e pola contra cada vez menos xente é incapaz de ver”.
Finalmente, Barcia afirmou que “fronte a unha oposición desmenbrada e pouco rigurosa, que se move sen criterio e sen ofrecer ningunha alternativa seria, contamos cun equipo de goberno que actúa con rigor, que planificou o traballo desde o comenzo do mandato municipal, e que agora vé como o traballo previo se transforma en realidades”.
Barcia fixo estas manifestacións nunha das reunión programadas polo PP polos distintos barrios de Burela, para expoñer actuacións e recoller suxerencias e críticas. A vindeira reunión con veciños e veciñas será no barrio de O Campón, no Mesón do Poeta, o martes día vintecinco, ás oito da tarde.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



