A Mariña, 21 de novembro de 2014.- O BNG vén de facer públicas as emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2015, nos que o goberno do Partido Popular segue amparándose na crise económica para continuar deteriorando os servizos públicos e os dereitos das galegas e os galegos.
Fronte a ese xeito de gobernar, esquecéndose das persoas, o BNG aposta pola inversión do diñeiro público en servizos básicos, como a sanidade, e a dinamización da economía con un plan de emprego específico para unha comarca como A Mariña, na que o desemprego segue subindo por riba da media provincial e galega.
O grupo parlamentar do BNG rexistrou emendas nas que se solicitan 4 millóns de euros para a ampliación do Hospital da Costa, 900.000 euros para a dotación específica de persoal e medios para o hospital oncolóxico de día que permita unha prestación estábel e continuada do servizo e 120.000 euros para un servizo de pediatría, cada vez con máis problemas na comarca.
Ademais, os nacionalistas piden que se poña en marcha un plan de mellora da atención primaria por un importe de 20 millóns de euros que sería fundamental para a reposición de persoal médico nos centros de saúde da comarca, como os de Cervo, Xove ou Ribadeo, que sufriron redución de persoal ou a cobertura de prazas como a de Riotorto.
A proposta do BNG é detraer estas cantidades do que a Xunta destina aos concertos con entidades privadas e destinalas a mellorar a sanidade pública, tanto primaria como especializada.
Un plan de emprego para A Mariña: o eterno incumprimento do Partido Popular
Para a formación nacionalista “segue a ser indispensable que se poñan en marcha políticas activas de emprego na nosa comarca, onde os datos de desemprego seguen a mostrar un comportamento máis negativo ca no resto do país.”
Neste sentido, desde o BNG piden a posta en marcha de plans específicos de emprego para as comarcas máis castigas polo paro e a emigración, como é A Mariña, que compensen os continuos peches e despedimentos que se seguen a producir a día de hoxe.
Feijoo prometeu un plan de emprego para a comarca que acompañase ás persoas que se viron afectadas nos últimos anos por ERE’s, peches de empresas, etc.; porén, replican desde o BNG, “seguimos agardando a que cumpran coas súas promesas e a xente segue a marchar da comarca para gañar o futuro.”
Infraestruturas, servizos sociais,patrimonio e medio ambiente
Desde o BNG tamén solicitan o compromiso de arranxo de estradas de titularidade galega, como a LU-124 ou a LU-133; melloras nas escolas infantís de Foz e Mondoñedo; o compromiso coa residencia de Ribadeo ou a posta en valor dos ríos de Foz e do Masma en Barreiros.
Inclúen tamén unha partida para o polígono de Alfoz-Valadouro e para servizos de abastecemento de auga e saneamento en concellos coma Burela, Cervo, Ribadeo ou Barreiros.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



