Alfoz, 23 de novembro de 2014.- Este pasado sábado, día 22 de novembro, na Casa da Cultura de Alfoz e dentro do proxecto Buxiganga da Deputación Provincial, o Grupo Teatral “O Bordelo” de Cervo representou a súa obra “A fonte dos soños”, orixinal do seu Director, Francisco Piñeiro. Os seus seis actores fixeron pasar un rato divertido ós arredor de 70 espectadores que foron ó acto. Sempre coa retranca característica de Francisco Piñeiro, analizáronse diversos aspectos da vida da xente galega no seu propio entorno; crítica social e diversión mesturados para facer unha representación sempre entretida
