Burela, a 24 de novembro de 2014.- Durante esta semana, o alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto con membros do seu equipo de goberno e da dirección local do Partido Popular, continuará a ronda de reunións con veciños polos distintos barrios da localidade. Neste caso, a reunión (a quinta desde que os populares comenzaran esta ronda hai tres semanas) será este vindeiro martes día 25, ás oito da tarde, no barrio de O Campón, en concreto no Mesón do Poeta.
Desde a Xunta Directiva local afirman que “as reunións están sendo mui positivas, con asistencia de veciños por riba do habitual, e con interese dos asistentes en cuestións tan importantes coma a ampliación do Hospital, o acceso ó porto ou a incidencia do Plan Xeral de Ordenación na contribución urbana”.
Asimismo, os asuntos máis próximos e directos, que afectan directamente ós barrios, centran o interés da cidadanía: “é algo totalmente lóxico e natural, indican desde o goberno local, ainda que os veciños saben que procuramos que as cousas do día a día se resolvan con celeridade e non se eternicen”.
Os populares manifestaron que “nestas reunións estamos explicando a nosa xestión e escoitando suxerencias e críticas; en todo caso, as reunións son en positivo, escapando en todo momento de referencias a outras siglas e centrándonos exclusivamente na nosa faceta de goberno municipal por un lado, e de partido históricamente máis votado por outro”.
Nos próximos días celebrarase a sexta e derradeira reunión desta ronda, no barrio do Porto, día e local por concretar.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



