Lourenzá, 25 de novembro de 2014. O Concello de Lourenzá presentou este martes as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello. O prazo para entregar os poemas de Nadal remata o día 22 de decembro, mentres que a data elixida para presentar as postais será o vindeiro mércores 10 de decembro. Haberá tres gañadores para o concurso de poesía e un para o de postais.
A concelleira Lupe Flórez Seivane anunciou que “dende a Concellería de Educación do Concello de Lourenzá vimos de convocar dous concursos infantís. Por unha parte presentamos a primeira edición do Concurso Infantil de Postais de Nadal, na que poderán participar tódolos nenos e rapaces laurentinos de ata 14 anos incluídos que así o desexen. A temática das postais terá que facer alusión a motivos do Nadal, aínda que tamén se vai ter en conta que inclúan algún elemento propio de Lourenzá, ben sexa de carácter arquitectónico, cultural, lúdico, etcétera. Deberán presentarse en tamaño cartolina A-5, medio folio, e pola parte de atrás deberán recollerse os datos da persoa que elaborou ese traballo. A técnica empregada é libre e o premio vai a consistir na entrega dun vale de compra de 50 euros para gastar nos comercios asociados de ACIAL”.
Lupe Flórez engadiu que “a postal gañadora, xa que só haberá unha seleccionada, vai ser a que empregue o Concello de Lourenzá en formato dixital para felicitar as vindeiras festas de Nadal a tódolos organismos que ten por costume facelo. O prazo de presentación das postais rematará o mércores 10 de decembro na Biblioteca Municipal e o xurado estará composto por membros da área de Educación e Cultura do Concello, membros da directiva de ACIAL, que é a outra entidade que organiza o concurso e concede a cantidade económica do mesmo, e por un representante do CEIP Juan Rey, de Lourenzá. A entrega do premio deste concurso vai a ser durante a celebración do Mercado de Nadal que organiza a ACIAL laurentina. A data e hora van a ser comunicadas o día 12 de decembro, que será cando a través dunha nota de prensa o xurado faga público o seu veredicto”.
Flórez anunciou ademais que “tamén presentamos o tradicional Certame de Poesía Infantil Nadal 2014, que se convoca a través da Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou e no cal os gañadores van a ir á fase provincial que convoca a Biblioteca Provincial de Lugo. Neste caso, no certame de poesía infantil, poderán participar todos aqueles nenos que o desexen con poemas co tema xenérico do Nadal. Haberá tres categorías coma tódolos anos: a primeira, ata 8 anos; a segunda, de 9 a 11; e a terceira, de 12 a 16 anos. Cada autor poderá presentar o número de traballos que desexe e estes deberán ser entregados na Biblioteca Pública Municipal de Lourenzá coma data límite o día 22 de decembro de 2014. Un xurado formado por distintas persoas da Área de Educación e Cultura do Concello de Lourenzá escollerá tres traballos en cada unha das categorías. Estes traballos premiados irán á fase provincial, na que esperamos que teñan sorte, coma noutras ocasións. O fallo do xurado local terá que ser feito público na primeira quincena do mes de xaneiro de 2015 e tódolos traballos que se presenten pasarán a ser propiedade da Biblioteca, que se reserva o dereito de publicar os mesmos”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



