Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia chega ao final das súas xornadas de montaña polo 25 Aniversario do noso club. Entre este venres e o sábado ofrecerán cadansúa conferencia o presentador do programa “Mochileros” da TPA, Camilo Sousa, e o único alpinista no mundo que escalou 9 montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos, Carlos Soria. O primeiro falará do “Futuro de la montaña asturiana, relevo generacional” o venres a partir das 20.00 horas, mentres que o segundo participará nas xornadas o sábado, a partir da mesma hora, para falar sobre “El alpinismo después de los 70”.

























A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



