LUGO, 28 DE NOVEMBRO DE 2014.- O senador por Lugo –Ricardo Varela- e a deputada no Congreso –Margarita Pérez Herraiz- subliñaron este venres que “con Rajoy o único que aumentou na provincia é a desigualdade, o paro a pobreza e a débeda”. Así o manifestaron na rolda de prensa de balance do mandato do presidente do Goberno Central, e na que indicaron que a realidade e os datos demostran que “todo foi un engano, pois a situación é totalmente contraria ao que prometeron. Non baixoron o paro, non arranxaron a economía e si que incrementaron os impostos dunha maneira xusta. Por iso, o primeiro balance que facemos é que mentiron claramente aos españois e aos lucenses, creando unha situación dramática”, afirmou Varela.
Neste senso, os socialistas destacaron que a “herdanza que o dirixente do Executivo estatal e o Partido Popular nos deixan é, en primeiro lugar, máis paro, pois, na provincia, hai 7.700 lucenses máis de desemprego que cando o PP chegou ao poder”. “Por primeira vez en democracia, caeu a poboación activa. Tamén caeu a afiliación. Lugo ten agora 8.167 afiliados menos á Seguridade Social. Pasamos de 123.708 en 2011 a 115.541 en 2014”, explicaron. No caso de España, hai preto dun millón máis de persoas sen emprego que antes do cambio de goberno no Executivo e 560.000 menos cotizantes á Seguridade Social.
En segundo lugar, menos protección. Con Rajoy, aseguran os socialistas, hai 18.348 persoas sen traballo que carecen dunha prestación, de xeito que o incremento se sitúa nun 126%, pois hai tres anos o número de persoas que non tiñan estas axudas era tan só de 8.129 cidadáns. No conxunto do Estado, esta cifra ascenden a 3,8 millóns.
En terceiro lugar, emprego máis precario e caída dos salarios. “Fixeron unha reforma laboral que permitiu destruír emprego estable para realizar contratos temporais e/ou a tempo parcial, con salarios máis baixos”. Neste senso, indicou Ricardo Varela que “a precarización do emprego está provocando unha situación insólita: aumentan o pobres con emprego”. E é que o salario mínimo interprofesional en Lugo experimentou unha suba durante o mandato do Partido Popular de tan só o 0,6%. Pola contra, dende 2007 a 2011, este aumento foi do 12,40%.
En cuarto lugar: máis pobreza e desigualdade. As pensións mínimas antes de que chegara o Partido Popular ao goberno aumentaron un 53% fronte ao 5,5% durante o período 2011-2014. É dicir, explicou a deputada no Congreso, “que, nestes momentos, na provincia hai máis de 87.000 persoas cobran a pensión mínima, ou o que é o mesmo, menos de 600 euros”.
En quinto lugar: máis débeda. Neste caso, indicou o senador socialista, o PP endebedou a España. A débeda pública do país, salientou, “é igual a todo o que somos capaces de producir: case o 99% do PIB, 29 puntos máis que hai tres anos”.
En sexto lugar: menos cohesión social. “Rajoy devaluou as pensións, impuxo copagos e fixo recortes sen precedentes en Sanidade, Educación e Dependencia. No primeiro do casos, os pensionistas pagan por copago farmacéutico e pola exclusión de determinados fármacos. En Sanidade, o balance son recortes, expulsión de moitos cidadáns da cobertura sanitaria, incremento das listaxes de espera, privatizacións… E, en Educación, máis do mesmo”, afirmou Varela.
En Dependencia: “o PP desmantelou este sistema”. Conxelou a Lei para novos beneficiarios, reduciu as partidas nos Orzamentos, coa conseguinte diminución do importe da prestación para as persoas con algún dereito recoñecido.
En séptimo lugar: menos investimento en obra pública. Concretamente neste caso, o gasto destinado polo Executivo Central á mellora de infraestruturas na provincia diminuíu nestes últimos tres anos en máis de 2 millóns de euros. Proba delo, é que segundo explicou Pérez Herraiz, o investimento neste capítulo pasou de 7.700 millóns de euros durante o período 2008-2011 a 5.700 durante 2012- 2015.
E, finalmente, en oitavo lugar: máis impostos e máis inxustos. “Rajoy fixo a maior suba de impostos da democracia”. Nada máis chegar ao Goberno, citaron, o 30 de decembro de 2011, aprobou o Decreto Lei que incorpora unha suba de impostos no IRPF e no IBI.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



