Lugo, 28 de novembro de 2014. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres o proxecto ‘Cultura Dixital’, que levará a cabo a UNED para “dar visibilidade ás programacións e actividades organizadas por todas as asociacións e colectivos culturais existentes na provincia de Lugo”. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, explicou que a Deputación aportará 25.000 euros a este proxecto de comunicación e cultura dixital que están desenvolvendo de xeito conxunto o organismo provincial e o centro asociado da UNED en Lugo e que estará coordinado por Gala Paz Arias.
Mario Outeiro explicou as liñas básicas do proxecto, co que se tentará conseguir un maior desenvolvemento cultural a través da apertura dunha porta de comunicación entre a propia UNED e as asociacións culturais no campo da edición e a comunicación dixital audiovisual, o que pode derivar nun incremento da eficacia e nun maior grado de eficiencia das súas programacións. Asemade, abrir unha porta de comunicación entre os sectores cultural e universitario non só incrementaría o número de actividades a compartir, senón que ampliará enormemente o potencial de posibles usuarios.
Para levar a cabo este proxecto de Cultura Dixital programaranse distintas actividades, como curso de divulgación sobre temática científica, xornadas sobre temas de actualidade ou xornadas literarias. Igualmente, o centro asociado de Lugo adaptará, de xeito parcial, a súa programación de Desenvolvemento Cultural á demanda das asocacións culturais provinciais, o que podería derivar na programación de foros de debate, conferencias, docu-fórums ou cine fórums.
Para darlle aínda máis dimensión e publicidade ás actividades que se realizan, porase en marcha unha páxina web, unha revista dixital e a UNED disporá dos seus medios de comunicación propios, como a Cadea Campus. A web e revista propia, xunto a creación dun espazo audiovisual propio dentro da Cadea Campus, no que se colgarán entrevistas, debates de alcance territorial ou foros relacionados ou organizados polas asociacións participantes, serán traballos que se levarán a cabo no último trimestre deste ano.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



