O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, preparou unha gran variedade de menús para grupos e ceas de empresa durante o vindeiro mes de decembro, “semanas en las que muchos celebran con sus amigos o sus compañeros de trabajo encuentros navideños”, explica María Hermida, directora deste establecemento. Hermida destaca que “hemos preparado 7 menús con precios que oscilan entre los 20 y los 44 euros por persona para adaptarnos a las demandas que nos ha planteado nuestra clientela en otras ocasiones y a los bolsillos de aquellos que decidan escoger el hotel Vila do Val para estas celebraciones. Todos los menús incluyen selección de postres caseros, café y una ronda de chupitos, pan, agua, vino tinto de la casa y albariño cosechero”. As persoas interesadas en recibir información sobre as propostas do hotel Vila do Val poden dirixirse ó seguinte número de teléfono: 982 57 16 53.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



