O sábado 29 de novembro a asociación Pasada das Cabras celebrou a cea anual despois da asemblea anual na que repasaron as actividades realizadas durante o ano e as propostas para o 2015. A cea foi no Palacio de Cristal onde aproveitaron para facer entrega dos recoñecementos “Cabra Incansable 2014” ás parellas formadas por Sega e Amando e Maribel e Mogo, que realizaron todas as rutas programadas do ano. O segundo posto foi para a parella formada por Angelines e Carlos e a terceira praza ocupárona Mª Carmen e Miguel. Os primeiros recibiron unha figura institucional elaborada pola Asociación de Enfermos Mentais A Mariña e, os demais, o correspondente diplima. Tamén asistieron á cea unha representación da directiva de “Terras de Lourenzá” coa que manteñen un estreito vínculo. Para finalizar contaron coa música do incombustible Juan de Ferreira.

























A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



