Lugo 4 de decembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular rexistrou este xoves un escrito dirixido ao presidente da Deputación de Lugo no que se recollen literalmente todas as preguntas formuladas a José Ramón Gómez Besteiro na sesión plenaria extraordinaria e monográfica, celebrada o pasado luns; e na que o GPP non obtivo resposta algunha, tal e como pouideron testemuñar todos os presentes.
Nesta solicitude de resposta ás preguntas plantaxadas polo Grupo Provincial do Partido Popular, cítase a normativa que ampara o dereito de todos os membros da Corporación de ter cantas informacións obren en poder dos servizos provinciais.
Deste xeito, o Regulamento Orgánico de Funcionamento da Deputación forza ao máximo dirixente da administración lucense a resolver, nun prazo de cinco días, a solicitude do Grupo Provincial do Partido Popular.
Os populares, polo tanto, recorren a esta fórmula regulada para que Besteiro asuma a súa responsabilidade política e ofreza, por escrito, as explicacións oportunas tanto á oposición como á cidadanía, esclarecendo en concreto, cada unha das preguntas formuladas.
Evita contestar
As últimas actuacións do socialista demostran que non ten interese en responder, e xeran máis dúbidas ata o punto de levantar máis sospeitas de que Besteiro ten algo que ocultar aos lucenses. Segundo os populares, queda así de manifesto o mínimo concepto que o socialista entende por transparencia.
O feito de derivar a contestación das preguntas aos plenos ordinarios (un por mes, con opción só a dúas preguntas por grupo político) é un novo exemplo de manobra do presidente provincial para non dar explicacións.
Esta última estratexia de escaqueo únese as levadas a cabo dende o rexistro xudicial: primeiro, celebrou unha autocomparecencia –en versión monólogo- na que contou o que todos sabían e evitou o debate da moción de urxencia do GPP; e segundo, non contesta a ningunha das preguntas plantexadas polos populares no pleno extraordinario do luns; unha sesión na que se acordou por unanimidade que o socialista dea resposta ás preguntas formuladas polos grupos políticos.
Terá que responder
Os populares quixeron deixar claro, unha vez máis, que non existe regulamento en ningunha administración que prohiba a Besteiro responder de xeito inmediato as correspondentes preguntas e tampouco que prohiba darlle voz á oposición.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular explican que dirixen as súas preguntas ao presidente da institución como máximo responsable político das persoas investigadas. Engaden, a maiores, que o amparo no segredo do sumario non é valido como escusa para non esclarecer varios aspectos relativos ás irregularidades postas de manifesto na Deputación, xa que nada ten que ver coa súa xestión e responsabilidade política.
Ao Grupo Provincial do Partido Popular non lle consta que a actuación do presidente estea a ser investigada, polo que se se escuda no secreto de sumario para non responder, ou ben está a buscar unha desculpa para non contestar ou ben tamén está a ser investigado e lle afecta ao secreto de sumario.
ANEXO: PREGUNTAS FORMULADAS POLO GPP
PREGUNTA 1
• Cando tivo vostede constancia da existencia de problemas no departamento de Protocolo, en concreto, na xestión do programa Km0?
• No momento que tivo constancia destas presuntas irregularidades, ¿Qué actuacións puxo en marcha para que estas se resolveran?
PREGUNTA 2
En relación co sistema de pagos que se empregaba na xestión do Km0:
• E certo que o departamento facía uso habitualmente dunha caixa forte? Ese uso estaba autorizado por vostede?
• Ademais a información que se explicou con toda claridade nos medios de comunicación -e que ninguén desmentiu – falaba do uso de grandes cantidades de diñeiro en metálico. ¿Autorizou vostede a unha persoa da súa confianza para esta retirada que non era nin Secretaría nin Intervención?
• ¿Pode confirmar a cantas persoas ten autorizado vostede, para realizar disposicións de diñeiro en efectivo a cargo da Deputación de Lugo?
• Nun medio de comunicación falábase de que o diñeiro acababa en sobres que lles daban a quen ían de encargados nas excursións. Coñecía vostede isto? E dicir, coñecía vostede o recorrido do diñeiro da caixa forte a sobres?
PREGUNTA 3
En relación cos pagos do Km0:
• Pode confirmarnos que efectivamente había unha correspondencia total e absoluta, matematicamente exacta, entre o facturado e o gasto real efectuado nos establecementos hostaleiros e de ocio desta provincia? Hai unha correspondencia entre o facturado e o pagado?
• Ten constancia da existencia de protestas dalgún establecemento ou particular ante esta institución porque o gasto real non se correspondía coa factura?
PREGUNTA 4
• Houbo manobras xurídicas, entre elas a modificación ad hoc da relación de postos de traballo, para que algún traballador desta casa, cuxo posto de traballo tiña unha característica eventual e de confianza directa do Presidente, teña hoxe unha estabilidade laboral con melloras nas súas condicións?
PREGUNTA 5
No mesmo día do rexistro facíase puntualización de que o mesmo se estendía á area de Vicepresidencia, a Deportes.
• Esta a ser investigada a financiación ao C.B. Breogán?



















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



