NOTA DE PRENSA
O BNG considera a anulación do concurso como unha navallada á Mariña.
O canón proposto por Feijoo reduce na metade os ingresos dos Concellos
A anulación do concurso eólico impide a creación
de case 1400 empregos na Comarca
A anulación do Decreto e do Concurso Eólico por parte do Goberno da Xunta de Galiza vai traer graves consecuencias para o conxunto da economía da Mariña na medida que significa que a nosa Comarca perda o liderazgo na producción de enerxía eólica, implique a paralización de importantes investimentos e a conseguinte creación de emprego e supuña un duro golpe para importantes sectores económicos da Comarca.
A Mariña perde o liderazgo eólico en Galiza.
A Mariña de Lugo viña liderando a producción de enerxía eólica na Mariña como consecuencia de que a nosa zona, segundo os propios estudos da Administración, é a que mellor cumpre coas condición físicas(horas de vento) do conxunto de Galiza. Mesmamente a propia Rede Eléctrica Española procedeu a desdobrar a liña Boimente-Pesoz para dar evacuación aos case 1200 MW instalados na zona(case 1/3 da producción galega). O feito de que se anule o concurso implica que os retrasos na execución dos parques faiga inviábel os mesmos, se temos en conta as continuas rebaixas de primas e a decisión do Goberno do Estado de deixar de subsidiala no momento que a producción no Estado chegue aos 20.000MW o que está levando aos Gobernos doutros territorios do Estado a axilizar os seus proxectos eólicos.
A anulación do concurso supón a perda dun investimento de 600 millóns de Euros na Comarca.
A execución dos parques eólicos significaba entre 2010 e 2013 o investimento en Galiza de 5000 millóns de Euros e a creación de 7000 postos de traballo. Atendendo a potencia autorizada para A Mariña neste concurso que se achegaba aos 700 MW o investimento na Comarca situábase arredor de 1000 millóns de Euros e a creación de case 2000 empregos. A maiores o 40% dos beneficios que ían xerar os aproximadamente 90 MW de titularidade pública ían reverter en investimentos nos Concellos nos que se instalaban e tamén nos propietarios de montes. Xa que logo a anulación do concurso e do decreto vai significar importantes perdas investimentos en infraestructuras en concellos como Ourol, Muras,Riotorto,Barreiros,Trabada ou A Pontenova. Mesmamente hai que ter en conta que o canón proposto pola Xunta significa un descenso da metade dos ingresos do Concello en relación coa significación para os mesmos establecidos no Decreto anulado.
Unha navallada aos sectores productivos da comarca.
Xa por último non debemos esquecer que as consecuencias económicas da decisión do Goberno do PP non só vai afectar as perspectivas das empresas directamente vinculados ao negocio eólico senón que con esta decisión vanse ver tamén gravemente afectadas importantes sectores económicos da comarca como pode ser o agrario ou as empresas de compoñentes de aparellos eólicos. Neste sentido parecemos particularmente grave a situación na que poden ficar as cooperativas agraria galegas, nomeadamente Irmandiños, un dos grandes beneficiados do concurso que se comprometían a posta en marcha do grupo lácteo galego. Esta decisión ven agravar aínda máis a crítica situación do sector, e afecta a case 1000 explotación da Mariña socias da cooperativa. Na mesma liña observamos con preocupación as consecuencias que esta decisión vai ter na empresa Vestas,unha das que máis asalariados ocupa e que máis factura, cuxa producción ía aumentar como consecuencia dos pedidos asociados ao concurso e que ve a súas expectativas de negocio absolutamente defraudadas.
O PP paraliza un revulsivo económico para a comarca.
O Bloque Nacionalista Galego considera dunha extraordinaria gravidade a decisión de proceder a anular o concurso e máis o decreto eólico na medida que este implicaba un proxecto verdadeiramente transformador para A Mariña que buscaba un revulsivo económico e social para a Comarca. Nun momento de grave crise económica que ten a súa expresión máis clara nas taxas de desemprego e no que a fenda entra a Mariña interior e costeira se agranda día a día, o desenvolvemento do concurso implicaba un autentico plano de choque a prol da industrialización, do emprego e de aposta pola economía real da Comarca. O BNG considera,en fin, unha absoluta irresponsabilidade que o PP procedese a pasar unha auténtica navalla barbeira ao Decreto e ao Concurso Eólico que representaba todo un plano de choque contra a crise en Galiza e na Mariña.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



