Ribadeo, 9 de decembro de 2014. En Ribadeo e ante notario celebrouse este martes o sorteo dos 25.000 euros en vales de compra que a Federación de Comercio A Mariña puxo en xogo o pasado 28 de outubro. As papeletas repartíronse nos máis de 1.000 establecementos asociados ata onte mesmo, tal e como estaba previsto.
@s afortunad@s deberán consumir os seus premios do 15 ao 24 de decembro. O presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas, fixo unha valoración moi positiva da acolleita que tivo “nuestra primera gran campaña tanto entre los locales asociados como entre la clientela de los mismos. Esperamos que todos hayan guardado sus papeletas, que las revisen bien y que, si son l@s afortunad@s, llamen a los siguientes números de teléfono para reclamar los premios: 982 120 565 y 982 55 07 07”.
A Federación de Comercio A Mariña repartiu hoxe 25.000 euros en nove premios en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ás Acias de Ribadeo, Xove, Vicedo, Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Viveiro, *San Cibrao e Burela.
O premio de Acisa Ribadeo dotado con 5.290,21 euros foi para o número 693.857.
O premio de Acia Xove, 1.511,49 euros, foi para o número 143.006.
O premio de Acia O Vicedo dotado con 1.027,81 euros foi para o número 788.504.
O premio de Acia Lourenzá, 2.237,00 euros, foi para o número 601.655.
O premio de Acia Mondoñedo de 2.206,77 euros foi para o número 151.462.
O premio de Acia Foz de 3.627,57 euros foi para o número 137.754.
O premio de Acia Viveiro dotado con 3.627,57 euros foi para o número 261.235.
O premio de Acia San Cibrao de 906,89 euros foi para o número: 560.274.
E o premio de Acia Burela de 4.564,69 euros foi para o número: 539.232.
Desde a directiva da Federación de Comercio A Mariña insisten en que “l@s afortunad@s tienen esta semana para revisar sus boletos y para reclamar sus premios. Y a partir del próximo lunes, 15 de diciembre, dispondrán de más de una semana para gastarlos en los locales asociados a las Acias que han repartido los premios. Estamos encantados de que nueve personas puedan pasar las navidades de una forma más agradable”. Os premios estarán publicados no facebook da Federación de Comercio A Mariña, nas redes sociais das Acias e nos medios de comunicación da zona.
O sorteo celebrouse este martes en Ribadeo coa presenza da notaria Mª do Rocio da Hera Ortega e ao mesmo asistiron representantes das Acias mariñás.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



