Bruxelas, 09 Decembro 2014. O termo “acaparamento de terras”, coñecido internacionalmente como land grabbing, fai alusión á adquisición de terreo agrícola con fins comerciais, tales como la produción de alimentos a escala agroindustrial, agrocarburantes, infraestructuras enerxéticas ou grandes estruturas. Inicialmente, esta sinerxia de concentración da riqueza tivo o seu impacto máis forte nos territorios latinoamericano e africano, instaurándose como dinámica de asoballamento comercial ao abeiro da crise alimentaria global do ano 2008, preludio da actual crise social precipitada pola especulación urbanística e a laxitude no control das depredadoras prácticas bancarias e financieras.
Segundo datos do movemento internacional Slow Food, actualmente a nivel global uns 227 millóns de hectáreas de terra están afectadas por estratexias de acaparamento[1]. Mesmo os datos do Banco Mundial estiman que máis do 30% da terra fértil do planeta está nestes momentos baixo negociación.
Polo tanto, a día de hoxe, esta problemática é xa unha preocupante realidade no territorio europeo. Se ben na Unión Europea (UE) rexístranse uns 12 millóns de fincas, son as grandes fincas -de 100 hectáreas ou máis-, que so representan o 3%, as que controlan o 50% de tódalas terras de cultivo no territorio comunitario. Aliás, este acaparamento vén en Europa significativamente vencellado non só á produción de materias primas para a industria alimentaria dominada polas compañías transnacionais, senón fortemente instigada polas industrias extractivas (mineiras), expansión urbana e intereses inmobiliarios, turismo, parques eólicos, grandes superficies comerciais e grandes infraestructuras (estradas, viaductos, trens de alta velocidade, etc).
Diante deste escenario, a eurodeputada de Alternativa e Esquerda en Europa (AGEe)[2], Lídia Senra, coordinará mañá, mércores 10, e o xoves 11, unha delegación de máis de medio cento de persoas vinculadas a asociacións e organizacións sociais galegas que denunciarán no Parlamento Europeo as múltiples amezas de acaparamento de terras ás que nos enfrontamos a día de hoxe na Galiza.
Intervirán neste seminario, entre outras, a Associação Socio-Cultural O Iríbio, a Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Chá, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños ou a Plataforma Veciñal Corno do Monte e SOS Courel. Canda elas, exporán os eixos principais das súas loitas organizacións como o Sindicato Labrego Galego (SLG), a Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común (OGMVMC), Salvemos A Fracha, Plataforma Contra a Autovía de Redondela ou a Coordinadora para a defensa da autovía Santiago-Lugo preto de Melide. Deste xeito, participraán varias persoas da Mariña, entre elas a Secretaria Xeral do SLG, Isabel Villalba, o gandeiro Pedro Sánchez e a activista social Mónca A. Branco.
A través desta iniciativa, Lídia Senra pretende “traer a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza”, e “dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do noso país están a se levar adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos intereses capitalistas”. “Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo á Soberanía Alimentar”, insiste Senra.
Ademais, na problemática do acaparamento de terras, as políticas institucionais europeas teñen tamén unha forte responsabilidade. Como xa ten denunciado a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, “as propias normas do reparto de fondos públicos no marco da Política Agrícola Común (PAC), baseadas no tamaño da extensión de terras e non na produtividade, promoveron claramente esta concentración de terras e riqueza”. No Estado español, por exemplo, o 75% dos subsidios repartidos no ano 2009 foron acaparados polo 16% dos produtores, nomeadamente por grandes terratenentes como a Casa de Alba.
Asemade, dende a perspectiva da economía política, o acaparamento de terras é esencialmente acumulación de control, xa que o acopio de poder para controlar a terra conleva tamén o dominio doutros recursos asociados, tales como a agua, os minerais ou os montes, co fin de dominar os beneficios da súa utilización, consolidando deste xeito para as grandes empresas formas de acceso á riqueza vinculada á terra. Aliás, outra faceta desta estratexia de expolio capitalista dos recursos dos pobos é o denominado “acaparamento de terras virtuais”, no que o obxectivo final non é de carácter produtivo senón especulador -esta foi unha das hipóteses baralladas por exemplo no caso da mina que Edgewater quere explotar en Corcoesto-, ou a instrumentalización para apropiarse de subsididos, obter préstamos bancarios empregando as terras como aval ou especular sobre futuros incrementos do valor das terras.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



