CERVO, 10 DE DECEMBRO. Os socialistas de Cervo confirmaron este martes durante a sesión plenaria do Parlamento de Galicia que o noso concelleiro, deputado autonómico, secretario da Mesa do Parlamento e secretario xeral provincial do PP, José Manuel Balseiro, “votou novamente en contra da emenda presentada polo Grupo Parlamentario Socialista na que pedían que se incluise nos orzamentos do 2015 unha partida concreta para a construcción do porto deportivo que tantos anos leva prometendo”.
Era a opción perfecta para que demostrase a súa vontade e compromiso cos veciños de Cervo pero “unha vez máis amosa que a súa especialidade é a de lanzar fogos de artificio sobre proxectos que nunca levará a cabo, para mostra un botón, se recordamos o famoso goletazo”.
Dende o Grupo Municipal Socialista lembran cómo “ésta é unha promesa histórica do PP ós cervenses. Xa polos anos 80 comezaron a falar deste proxecto, pisaron o concello coa mesma noticia nos noventa e repetiron ese compromiso na década dos 2000. Hai uns anos chegaron a presentar a tódolos veciños fotos virtuais e ata unha maqueta para saber cómo e onde se desenvolvería o proxecto e estamos a puntiño de entrar no 2015 e seguen tratando de mentirnos á cara”.
“Non sabemos se rir ou chorar” din os socialistas, “o señor Balseiro leva duas lexislaturas e media e a metade con responsabilidade no goberno, vendeu por activa e por pasiva o porto deportivo para San Ciprián. Unha obra de especial importancia para todo o concello xa que contribuiría ó desenvolvemento económico e social e dinamizaría os nosos sectores básicos como o comercio, o turismo ou os servizos. Co seu voto en contra no Parlamento Galego volve novamente a dar a espalda a todos eses cervenses ós que enganou sen ningún tipo de pudor”.
Argumento inaudito
Ademais de derrumbar a súa última opción de demostrar o seu propio interese pola construcción do tan prometido porto deportivo, o señor Balseiro saiu do paso cuns argumentos “tan peregrinos e subrrealistas que non se entenden se non pensamos en que aínda por riba nos intenta tratar de tontos”.
Os socialistas de Cervo subliñan que “non podemos deixar de contarlles a tódolos veciños que o criterio de Balseiro para rexeitar a nosa proposta foi que falabamos do porto deportivo de Cervo. Que non podíamos pensar en facer un porto no Río Xunco ou na Praia de Rueta. Señor Balseiro, falamos de porto de Cervo, como concello, ¿a quen se lle escapa que se algún día o vemos construído, pertencerá ó núcleo de San Ciprián?. Incrible”.
Promesas en saco roto
Tan incrible como outros tantos anuncios que caen en saco roto, “pensamos en tódolas visitas e noticias sobre a ampliación do Hospital da Costa, o corredor Barreiros-San Ciprián, a Vía de Alta Capacidade San Ciprián-Ferrol, a praza de médico perdida no noso Concello para a que o señor Balseiro se comprometera a dar solución hai máis dun ano e medio ou a falta de respostas concretas sobre a situación agónica do tecido empresarial do noso concello nos últimos meses”.
Mentres que os socialistas fan ver día a día a súa preocupación por loitar e sacar adiante estes proxectos tan relevantes para o concello e para o resto da comarca mariñá, os membros do PP “miran para outro lado, só se preocupan de vender ós seus candidatos para a vindeira cita electoral e a frauta do señor Balseiro, que se cría o frautista de Hamelin, deixou de sonar e xa non encanta a ninguén. Agora entendemos á perfección a letra oculta da esperanzadora música coa que prometía dar solución ós problemas de tódolos veciños”.


















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



