Ribadeo, 11 de decembro de 2014. Tres son os afortunados que xa reclamaron os seus premios tralo sorteo de 25.000 euros en vales de compra da Federación de Comercio A Mariña celebrado o pasado martes en Ribadeo.
Unha veciña de Lourenzá, a posuidora do número 137.754, levouse o premio de Acia Foz dotado con 3.627,57 euros en vales de compra para gastar no comercio e na hostelería focense do 15 ao 24 de decembro.
Recordamos que unha veciña de Barreiros, que fixo as súas compras no comercio asociado da comarca, terá para gastarse 2.206,77 euros en Mondoñedo. Ela é a portadora do número 151.462.
E que unha veciña de Foz, a portadora do 261.235, recibirá 3.627,57 euros en vales de compra para gastar no comercio de Viveiro.
Seis premios seguen pendentes de dono. Desde a directiva da Federación de Comercio A Mariña insisten que “todos os veciños e as veciñas da comarca ou as persoas doutros lugares que realizaron as súas compras na zona durante esta campaña deben revisar todas as súas *papeletas porque calquera pode ter o premio entre as súas mans. En total repartíronse entre os 1.000 locais asociados 827.000 papeletas. Os portadores dos boletos premiados deben poñerse en contacto vía teléfono cos seguintes números: 982 120 565 ó 982 55 07 07”.
Os boletos que buscan darlle unha alegría a oito acodes son os seguintes: 693.857; 143.006; 788.504; 601.655; 560.274; e 539.232. Os afortunados poden reclamar os seus premios ata o vindeiro luns, 15 de decembro, ás dúas da tarde. A directiva da Mariña Federación quere “dar tempo a que todo o mundo revise as súas papeletas e a que se poñan en contacto connosco canto antes”.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



