Burela, 18 de decembro de 2014.- O vindeiro domingo, 21 de decembro, ás sete da tarde na Casa da Cultura terá lugar a presentación da Xove Orquestra Municipal de Música de Burela. A formación, composta por 38 músicos de idades diversas, está dirixida por Xan Carballal.
Carballal sinalou que “despois dun tempo de traballo imos presentar a Xove Orquestra Municipal de Música de Burela o día 21 deste mes, domingo, ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura. Esta orquestra xurde da escola de música, na que a filosofía é formar aos rapaces en distintos aspectos da música e tendo en conta que o obxectivo é unha formación o máis tradicional posible axeitándose os canons que nos marca a música culta. Entón cremos importante que unha das cousas que tíñamos que poñer en valor é a formación dunha orquestra para saír dos muros do espazo físico da escola de música e proxectala en primeiro lugar cara ao público de Burela, porque é a quen debemos que exista esta escola e esta orquestra. Entón dende comezos de ano marcámonos a meta de que antes de que rematara o 2014 poder estrear a orquestra. A unha sección de corda, que viña funcionando xa dende hai tempo, engádeselle unha sección de vento da propia escola”.
O director da Xove Orquestra Municipal de Música de Burela cre que o proxecto “é interesante, é unha forma de medir a calidade do ensino musical que se está a ofrecer na escola de música para ter un referente, saber onde estamos e o que nos falta. Comezamos con toda a humildade porque neste mundo da música o primeiro que teñen que ser os rapaces é moi humildes, saber que isto é un comezo e que pouco a pouco vamos ir acadando metas, pero o camiño é longo e haberá momentos mellores e peores”.
Carballal considera que “ter unha orquestra deste tipo creo que co tempo se nós somos capaces de responder pode ser un orgullo para Burela, porque é un aspecto da súa cultura e da súa proxección exterior que vai ter moita importancia, como teñen xa outros proxectos como a Orquestra Clásica de Xove. E máxime contando que nos apadriña o Concello de Xove, a orquestra de Xove e os seus profesores que van formar parte do profesorado que vai axudar a preparar ese concerto, polo que saímos con bastante vantaxe. Quero agradecer o esforzo aos alumnos; aos pais, que eu creo que están tan ilusionados como os propios alumnos; e aos profesores que me están botando unha man día a día, o que é moi importante”.
O director da nova formación que se presenta o vindeiro domingo indicou que “son 38 compoñentes, entre os que hai algún antigo alumno da escola, porque quixen abrir a orquestra non soamente aos alumnos que hai agora senón tamén aos que pasaron, que foron bastantes. A pena é non contar con todos, pero hai algúns que están fóra e que lamentablemente non poden estar estes días; están xa facendo a súa vida profesional, pero nalgunha outra ocasión gustaríame contar con todos, porque todos aportaron o seu grao de area para que isto fora posible”.
Para Xan Carballal “o nacemento dunha orquestra nos debe facer sentir ese orgullo, aínda que non sexamos de Burela. Eu non son de Burela, pero estou moi orgulloso como profesor e como amante da música o estou moito máis. Como experto en música sei que é un labor moi difícil e ás veces ingrata. Son instrumentos moi difíciles de tocar, é moi difícil poder chegar a onde están algúns.
Desde o Concello burelés e desde a dirección desta Xove Orquestra Municipal de Música de Burela animan á xente a acudir ao concerto do domingo: “eu diríalles aos que lles gusta a música que acudan a este concerto, porque é unha cousa fermosa ver nacer unha orquestra e poder dicir algún día: eu estiven alí. Hai rapaces que teñen 9 anos, o que indica que algo está cambiando, algo se está facendo ben e xa non nos quedan tan lonxe eses países que teñen unha pegada de música clásica, con algunhas orquestras que levan xa máis de cen anos. E a nós hai anos parecíanos que sería imposible acadar ese nivel, pero estamos no camiño, sempre con humildade. Invito a todos a que veñan porque é moi importante tamén que os rapaces conten coa calor do público”.
Ao acto de presentación do concerto asistiron os alcaldes de Burela e Xove, José Mª González Barcia e Demetrio Salgueiro, a concelleira de Cultura burelesa, Mónica Pedre, e o director da formación e da Escola de Música de Burela, Xan Carballal.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



