Ribadeo, 18 de decembro de 2014.- Este xoves pola tarde inaugurouse na Oficina Municipal de Información Turística de Ribadeo a III Mostra de Pintura Afeccionada. Nela participan quince pintores non profesionais, que expoñerán dende hoxe e ata o 11 de xaneiro os seus óleos. A exposición pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 19:00 horas polas tardes. Este é o terceiro ano no que se celebra a mostra, despois de que en 2012 tivese lugar no Forte de San Damián e en 2013 na antiga Oficina de Turismo do concello.
No acto de inauguración a concelleira de Cultura en Ribadeo, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que “dende a Concellería de Cultura queremos potenciar a pintura dos pintores e pintoras afeccionados do noso concello. Ribadeo a nivel cultural é unha referencia e ao longo de todo o ano temos exposicións de pintores que xa son profesionais ou que están consagrados nesta arte. Pero nós quixemos dende fai tres anos dar a oportunidade a todas esas persoas que teñen esa vea artística e que por diferentes motivos ata chegar a unha determinada idade non poden gozar desta arte coma eles quixeran. De aí que a nosa iniciativa foi potenciar esa realidade que os une, os gratifica e lles axuda a pasar o seu tempo libre e a facer realidade esa afección que teñan ao longo de toda a súa vida”.
Álvarez Lastra engadiu que “este ano escollemos a Oficina de Información Turística, que esta aberta en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 para que tódalas persoas teñan a posibilidade de poder visitala. Estará aberta ata o 11 de xaneiro. A nosa intención é seguir potenciando esta afección dos nosos cidadáns, das persoas que viven en Ribadeo, e continuala ao longo dos vindeiros anos”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



