O Boletín Oficial da Provincia publicará este luns 22 de decembro as bases do BEN EMPREGADO!, o novo plan de emprego da Deputación, no que inviste 5 millóns de euros para subvencionar a contratación durante 1 ano dun mínimo de 300 desempregados lucenses dos 67 Concellos lucenses en establecementos, empresas ou colectivos da provincia que necesitan novo persoal para impulsar a súa actividade, pero que requeren de axuda económica para poder facelo neste momento. Toda a información e os modelos de inscrición estarán mañá en www.deputacionlugo.gal. Máis detalles no 982-260-000.
BEN EMPREGADO! é un plan pioneiro na defensa dos dereitos dos traballadores a través de cláusulas sociais nos contratos que blindan os empregos e as condicións laborais e salariais dos traballadores. Trátase, ademais, dunha programación innovadora, posto que por primeira vez unha administración galega crea un plan de emprego que escoita ao tecido empresarial e asociativo, axustando a oferta de emprego á demanda.
O martes, 23 de decembro, abrirase un prazo de 15 días hábiles para que pequenas empresas e microempresas, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, asociacións, federacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro (todas elas lucenses), presenten proxectos de futuro sobre a súa actividade socioeconómica, detallando o número e o perfil de persoas que desexarían contratar para levalo a cabo, a súa función ou vinculación coa empresa…
A selección de entidades e colectivos, que será en réxime de concorrencia competitiva, atenderá, principalmente, a criterios sociais. Estes son: 1.-Entidades cuxo domicilio fiscal se encontre en calquera Concello da provincia de menos de 5.000 habitantes; 2.- Entidades que apliquen claúsulas sociais nos contratos de traballo do seu cadro de persoal ou contemple calquera outra mellora que redunde en beneficio do traballador; 3.- Contar cun programa de horario flexible; 4.-Ofrecer bolsas de estudo, plan de pensións, seguros médicos; 5.- Favorecer medidas de conciliación da vida laboral e familiar; 6.-Calidade da memoria-proxecto e adecuación ao programa; 7.- Entidades atendendo ao cadro de persoal, “en impulso a autónomos e PEMES”.
En cumprimento coa Lei de Subvencións, non poderán participar entidades declaradas en concurso, que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, que teñan a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado como paraíso fiscal, ou que estean sancionadas mediante resolución firme coa perda de obter subvencións. Tamén quedarán excluídas, no caso de despedir de forma improcedente a algún traballador, como mínimo, nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes do BEN EMPREGADO!.
Segunda fase
Será en febreiro cando arranque a segunda fase do BEN EMPREGADO! coa celebración dunha convocatoria pública de selección de desempregados lucenses dos 67 Concellos de Lugo que serán contratos nas entidades e colectivos seleccionados na primeira fase do plan.
Crearanse un mínimo de 300 novos empregos, cifra que dependerá da oferta real de emprego. Serán empregos de calidade, posto que os contratos estarán blindados con claúsulas sociais para que se cumpran os convenios do sector. Na selección de entidades e colectivos participantes tamén se valorarán as melloras.
A Deputación subvencionará con 5 millóns de euros todos os seus custes salarias (nóminas e cotización á Seguridade Social) durante 1 ano. Na selección de entidades e colectivos valorarase o grao de compromiso das empresas para continuar cos contratos logo da axuda económica da institución.
O organismo provincial concederá ata un máximo de 22.000 euros por traballador, a maior axuda que concede unha administración galega para a contratación de persoal.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



