Foz, 26 de decembro de 2014. O Mercado da Ilusión de Foz abre a partir das 17.30 horas desta tarde as súas portas na rúa Xoán Montes. Nel participarán sete artesáns que poñerán a venda os seus produtos, ata o martes 30 de decembro, noutras tantas casetas de madeira decoradas especialmente para a ocasión con motivos de Nadal. O Mercado da Ilusión focense chega así a súa cuarta edición e poderá visitarse de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “no día de hoxe inauguraremos o Mercado da Ilusión de Nadal, que organiza o Concello de Foz. Será a partir das 5 e media da tarde na rúa Xoán Montes, cun cambio de situación que quixemos facer para tratar de levar o mercado preto das dúas rúas máis comerciais de Foz: a Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. A rúa Xoán Montes é peonil e une estas dúas avenidas, o que augura moita máis actividade e máis presenza de rapaces”.
O responsable municipal comentou que “queríamos seguir con esta iniciativa, que dá ao pobo un ambiente de Nadal moi bonito. Instaláronse sete casetas de madeira que estarán decoradas e ambientadas no Nadal e nelas estarán situados sete artesáns que este ano decidiron vender os seus produtos de artesanía aquí, no noso concello. Farano hoxe dende as 17:30 da tarde e ata as 21:00 horas da noite, e durante estes días 27, 28, 29 e 30 de decembro dende as 11:00 da mañá, ata as 14:30 da tarde, e de 17:00 a 21:00 horas da noite”.
Javier Castiñeira aproveitou a ocasión para “dar as grazas dende o Concello a todos os que participedes e desexarvos felices festas, bo Nadal, que gocedes da compañía da familia e dos bos amigos e que teñades un feliz ano 2015”.





















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



