Lugo, 30 de decembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamentou este martes que o equipo de goberno da Deputación de Lugo non aceptase ningunha das 25 alegacións presentadas tanto polos populares, como por veciños e por Concellos.
“Nin aprobaron ningunha, nin invitaron a negocialas para sacalas adiante, senón que coa súa política de pasar o rodillo desbotáronas todas”; así o puxo de manifesto a voceira dos populares, Elena Candia, durante o debate da proposta de alegacións.
Candia explicou que estas alegacións pretendían aportar melloras a uns orzamentos provinciais para 2015 nos que se reducen dende 2008 os investimentos reais nun 61% e as transferencias de capital nun 38%. Estas contas, segundo matizou a popular, nin atenden ás peticións dos veciños, nin ás dos concellos, e, a maiores, utilizan os recursos públicos con fins partidistas.
Así, a voceira dos populares enumerou que dicir en contra ás alegacións significa non cumprir coa Lei de Servizos Sociais, non garantir a colaboración e cooperación con todos os concellos da provincia, non crear un plan de obras e servizos máis ambiciosos…
A maiores, dende o GPP búscase que se atendan ás peticións dos veciños por iso presentáronse alegacións para mellorar as infraestruturas como é a do acceso do polígono de Cuíña; a que votan en contra non aceptando a alegación. Tamén din non a un plan de emprego que chegue a todos os concellos da provincia, a plans específicos de infraestruturas na Mariña e na Terra Chá, a mellorar o servizo de rutas de catamarán, a incrementar as axudas ao sector pesqueiro, a poñer en valor o patrimonio cultural, a aumentar as axudas a igualdade…
















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



