Cervo, 17 de xaneiro de 2015- O XX Campionato de Tute chegou ao seu remate coa habitual cea con todos os participantes na que se fai entrega dos trofeos aos gañadores e que se celebrou no restaurante O Castelo. Nesta edición o gañador foi o equipo do Paulino, que se fixo co primeiro posto por segundo ano consecutivo (104 puntos), seguido do Castelo, que fora o gañador no ano 2012 (92 puntos), e do Trasgo, terceiro por unha escasa marxe (90 puntos).
Para todos eles e os seus compoñentes houbo trofeos, ao igual que para a parella con mellor puntuación, que neste caso foi a formada por Eloy e Fermín, do equipo do Castelo, que conseguiu 28 puntos, e que quedaran empatados con Torres e Eladio, do Paulino, tendo que xogar unha partida de desempate que gañaron os primeiros. En canto aos demais equipos, a clasificación segue desta maneira: O Río de Oro no cuarto posto (90 punto), o Camarote no quinto (86), seguido do Mesón da Ría (86), Pulgas (64) e Pedregal (60). Este último equipo levou o faroliño vermello ao conseguir a menor puntuación.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente de alcalde, José Manuel Balseiro, o edil de Deportes, Luis Guillén, e o de Zona Rural, José Ramón Soto participaron na entrega de trofeos. Guillén destacou ademais os bos niveis de participación que rexistra o campionato ano tras ano, “mobilizando a unhas 80 persoas que xogan as partidas nos locais de cada equipo, bares e restaurantes do municipio, co cal se consegue dinamizar a hostalería local”. Ao mesmo tempo, lembrou que se trata dun campionato cunha longa tradición que se mantén vivo grazas a todos os participantes.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



